Ángel Míguez González, nado en Tui e finado na Coruña o 18 de setembro de 1961,La Voz de Galicia, 19-9-1961, p. 6. foi un funcionario e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Matilda Míguez González. Foi funcionario da Xefatura de Obras Públicas de Pontevedra. Foi redactor de La Libertad e formou parte da comisión organizadora do Partido Republicano Radical de Pontevedra,La Libertad, 9-11-1913, p. 1. foi redactor de El Diario de Pontevedra e colaborou en Progreso e La Libertad de Madrid."Las pouvanas", La Libertad, 19-9-1923, p. 2. Na Segunda República publicou algún artigo en El Socialista,"La República y el caciquismo", El Socialista, 5-6-1931, p. 2. e foi director de La Idea. Pasou a residir na Coruña cando foi nomeado xefe de Negociado da Xefatura de Obras Públicas da Coruña.

Vida persoal

Casou en Pontevedra con Carmen Tapia Pazos en 1906,El Diario de Pontevedra, 23-3-1906, p. 2. e foi pai de Enrique, Matilde e Eduardo Míguez Tapia. A súa muller Carmen Tapia finou en 1923,El Progreso, 8-4-1923, p. 3. e Ángel volveu casar na Coruña con Concepción de la Iglesia Pardo o 3 de novembro de 1933.La Voz de Galicia, 4-11-1933, p. 2. Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:nados en Tui

Categoría:Finados en 1961