A Alto Palatinado (en alemán Oberpfalz) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o Estado federado alemán de Baviera.
Encóntrase no leste do Estado federal, e limita ao suroeste coa Alta Baviera, ao sur coa Baixa Baviera, ao oeste cona Franconia Media e ao noroeste coa Alta Franconia. Ademais limita ao leste coa República Checa, cuxa fronteira encóntrase aberta desde 2008 grazas ao Acordo de Schengen.
A súa capital administrativa é Ratisbona.
División administrativa A rexión do Alto Palatinado está composta por tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e sete distritos rurais (Landkreise):
Cidades-distrito Amberg Ratisbona Weiden in der Oberpfalz
Distritos rurais Amberg-Sulzbach Cham Neumarkt in der Oberpfalz Neustadt an der Waldnaab Regensburg Schwandorf Tirschenreuth
Xeografía miniatura|160px|Reserva natural Doost, entre Floß e Neustadt an der Waldnaab No Alto Palatinado hai algunhas cordillieras, varios esteiros e lagos. En comparación con outras rexións de Alemaña, o Alto Palatinado ten máis ben unha baixa densidade de poboación. Ss rexións máis importantes son: Oberpfälzer Wald Oberpfälzer Seenland Steinwald Waldnaab/Wondreb-Senke Bayerischer Wald Künisches Gebirge Naabtal Vilstal Oberpfälzer Jura
Historia Historicamente o Alto Palatinado identíficase co Nordgau de Baviera, que era unha parte do vello ducado de Baviera. O nome está directamente ligado ao Palatino (en latín Palatium, en alemán Pfalz), e ao derivado Kurpfalz.
Desde a morte de Lois II de Baviera en 1294, a casa de Wittelsbach dividiuse en dúas ramas, a maior Palatium e a máis nova Baviera. A rama do Palatium gobernaba unha parte do territorio da Baviera do Norte, que máis tarde pasou a chamarse Alto Palatinado en Baviera.
O Baixo Palatinado (Niederpfalz) ou Palatinado Renano (Rheinpfalz) forma parte do Land alemán de Renania-Palatinado e non ten contacto físico co anterior. Ambos os dous constitúen a rexión histórica denominada Palatinado.
Poboación Evolución da poboación do Alto Palatinado 1939 694 742 1950 906 822 1961 898 580 1970 963 833 1987 969 868 2002 1 088 929 2019 1 112 102
Transporte
Ferrocarril A rexión do Alto Palatinado está atravesada polas seguintes liñas ferroviarias: Ratisbona - Schwandorf - Weiden - Marktredwitz - Hof Weiden - Bayreuth Núremberg – Neukirchen - Weiden Núremberg–Ratisbona- Neumarkt in der Oberpfalz - Ratisbona Ratisbona - Straubing - Passau Schwandorf - Amberg - Núremberg Schwandorf - Cham - Furth im Wald Cham - Bad Kötzting - Lam Donautalbahn - Ratisbona – Ingolstadt
Autoestradas A 3 A 6 A 93
Aeroportos Os aeroportos máis achegados son: Aeroporto de Núremberg Aeroporto de Hof Aeroporto de Múnic Aeroporto de Linz, en Austria
Economía e comercio miniatura|200px|As ruínas do forte Flossenbürg son un grande atractivo turístico A economía do Alto Palatinado sufriu un gran cambio na década de 1994-2004. A taxa de desemprego, tanto no sector primario (agricultura e acuicultura) como na industria, aumentou considerabelmente. Porén, a taxa de emprego no sector de servizos aumentou nun 18,8 %. Hoxe en día a economía rexurdiu e a taxa de desemprego estabilizaouse nun 4,6 %. Segundo o seu PIB (119,3), o Alto Palatinado pertence ás rexións máis ricas da Unión Europea (EU27: 100, Alemaña: 115,8) (ano 2004).
O comercio na rexión distribúese máis que nada nas PEMEs, moitas delas pertencen ás líderes da súa rama. O turismo tamén ten un papel destacado na rexión. A pesar de que a agricultura foi moi importante nos anos anteriores, hoxe en día ten unha importancia menor.
O sector industrial concéntrase sobre todo na "Gran Ratisbona": BMW Krones AG Infineon Continental
Ratisbona é tamén a 5ª cidade na produción de Biotecnoloxía de Alemaña.
O distrito rural de Schwandorf recada a maior cantidade de impostos na rexión. Alí hai máis de 300 empresas industriais que empregan a máis de 16 000 persoas: Meiller direct GmbH Benteler Automobiltechnik GmbH Nabaltec AG en Schwandorf Innovationspark Wackersdorf (BMW) Läpple AG, cuya fábrica se encuentra en Teublitz F.EE GmbH in Neunburg v.W. Heidelberg Cement AG en Burglengenfeld
Política Desde 1999 Rupert Schmid (CSU) é o Presidente do Alto Palatinado. Seus vicepresidentes son Ludwig Spreitzer (CSU) e Norbert Hartl (SPD).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bedeutende Oberpfälzer von Sigfried Färber, Verlag Pustet 1981 ISBN 3-7917-0723-X. Ursula Pfistermeister: Himmlische Ansichten. Oberpfalz im Luftbild, Buch & Kundstverlag Oberpfalz, ISBN 3-924350-69-8
Outros artigos Alta Baviera Alta Franconia Baixa Baviera Baixa Franconia Franconia Media Suabia
Ligazóns externas Goberno do Alto Palatinado Mapa histórico www.oberpfalz.de Vista aérea Oberpfalznetz
Categoría:Rexións de Baviera