miniatura|300px|Heracles loitando contra o León de Nemea (J. M. Félix Magdalena, 2009)
Na mitoloxía grega, o León de Nemea era un león terrible, monstruoso e desapiadado que vivía no val do mesmo nome, na Argólida (no Peloponeso). Disque fora criado por Hera "...León de Nemea, ó que Hera, a ilustre esposa de Zeus, tras crialo, púxoo nos outeiros de Nemea (Hesíodo: Teogonía 327-329). ou por Selene "Matou ó invulnerable león de Nemea, criado pola Lúa" (Hixino: Fábulas 30)., á que o cedería Hera, ou viceversa. Foi morto por Heracles.
Considérase fillo de Ortro (ou de Tifón "Animal invulnerable, procreado por Tifón" (Pseudo-Apolodoro II, 5, 1).) e Equidna, aínda que tamén se dixo que tería caído da luna, como fillo de Zeus e Selene. Tiña outros irmáns, da nai con Tifón, tamén monstruosos, como Cérbero (o gardián do Hades), a Hidra de Lerna (serpe de múltiples cabezas á que tivo que matar Heracles), a Esfinxe (con corpo de león e cabeza de muller) ou Quimera (con cabeza de león, unha cabeza de cabra no lombo e cola de serpe).
A caza do león miniatura|300px|esquerda|Heracles e o león (Museo Arqueolóxico Nacional de España
Heracles, para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de Hera, inimiga de Heracles por celos Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera., tivo que acometer doce traballos que lle encomendara o seu primo Euristeo. O primeiro destes traballos foi cazar ó Léon de Nemea, esfolalo e levar a pel ante Euristeo. O animal devastaba a rexión matando e devorando xente e gando, sen que ninguén o conseguise matar. Por iso Euristeo confiaba en que Heracles morrese no intento.
Cando Heracles chegou onda Nemea e atopou o rastro do león, comezou disparándolle as súas frechas, pero foi inútil: o animal tiña a pel tan grosa que era impenetrable ás mesmas, e resultaba invulnerable. Entón, o que fixo foi ameazalo coa maza (a clava, que cortou no sitio do tronco dunha oliveira silvestre) e obrigalo a refuxiarse na súa gorida. Esta tiña dúas bocas, e Heracles cegou unha delas, para que non puidera escapar. Entón entrou e esganouno cos seus brazos.
Logo esfolouno, utilizando para o labor as propias poutas do animal (pois ningún ferro podía desgarrar esa pel), e vestiuse coa súa pelica, utilizando a cabeza como casco. Esta roupaxe converteríase no atributo máis característico do heroe (a leonté).
Heracles levou a pel ante Euristeo que, co medo que colleu, prohibiulle a entrada na cidade e ordenoulle que, de aí en diante, deixara os trofeos ante as portas da muralla. Ademais, Euristeo ordenou construír un gran cántaro de bronce, baixo terra, onde agocharse Diodoro sitúa este feito no episodio do xabaril de Erimanto., desde o que transmitía as ordes a través do Copreo, fillo de PélopeCopreo tiña matado a Ífito e fuxiu a Micenas, onde foi purificado por Euristeo..
Zeus converteu ó león na constelación de Leo, para honrar ó seu fillo e lembrar a súa fazaña.
Molorco No camiño cara a Nemea, Heracles foi dar xunto a Molorco, un pobre labrego que perdera un fillo devorado polo león. Molorco acolleuno na súa casa e quixo sacrificar para o seu hóspede un carneiro, a única propiedade que lle quedaba. Heracles convenceuno para que non o fixera, e que esperara 30 días. Se nese tempo non regresaba significaría que morrera e entón podía sacrificar o carneiro na súa memoria, como heroe, pero se volvía con éxito sacrificaríano en honor a Zeus.
miniatura|300px|Francisco de Zurbarán (1634, Museo do Prado)
Ós 30 días Heracles non regresou, e Molorco preparou o carneiro para o sacrificio, pero antes de chegar a consumalo veu vir a Heracles. Sacrificaron o carneiro a Zeus e Heracles instituíu alí mesmo os Xogos Nemeos, en honor a Zeus.
Iconografía A representación plástica deste episodio céntrase case exclusivamente no momento no que Heracles estrangula coas súas mans ó león, aínda que en ocasións aparece no momento seguinte, apoiado no león xa morto, que está tendido no chan Así, nunha das métopas do templo de Zeus en Olimpia, hoxe no museo da cidade..
A evidente semellanza coa fazaña de Sansón e o león explica a continuidade do motivo ó longo da Idade Media (por exemplo, en Moissac, c. 1100), Renacemento (Andrea Mantegna, 1507) e Barroco (Rubens, c. 1610).
Zurbarán pintó en 1634 unha serie de dez cadros para o Palacio del Buen Retiro (Madrid), hoxe no Museo do Prado. Un deles é o da morte do león de Nemea Hércules loita contra o león de Nemea (ficha no Museo do Prado)..
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Hércules loita co león de Nemea
Bibliografía
ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017, px. 367. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 30. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, II, 5, 1 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Animais na mitoloxía grega Categoría:Heracles Categoría:Panterinos Categoría:Descendentes de Zeus