Fernando López-Acuña López, nado en Lugo o 22 de febreiro de 1949, é un musicólogo galego.
Traxectoria Estudou no Colexio Fingoi, onde foi alumno de Ricardo Carvalho Calero.Fernando López Acuña en colexiofingoi.com. , . Tras gañar unhas oposicións, traballou, até a súa xubilación, no Banco Pastor, na Coruña.
Desde o 17 de novembro de 2001 é membro correspondente da Real Academia Galega, na que é membro da súa Comisión de Historia. É membro da Irmandade da Música Galega, e autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas literarios e culturais. Sobre o Himno Galego e a figura e obra de Pascual Veiga, colaborou en numerosas actividades e publicacións, especialmente na obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Ademais de múltiplas conferencias, participou en simposios sobre a figura de Eduardo Pondal e Pascual Veiga, ao tempo que colaborou en exposicións e máis en documentais sobre o Himno.
O 20 de decembro de 2018, na conmemoración do 110º aniversario da estrea do Himno celebrada na Real Academia Galega, nun acto organizado conxuntamente co Instituto José Cornide, Fernando López-Acuña profundou no proceso da creación artística do Himno, composto en 1890, e falou sobre outras posíbeis representacións..
Algunhas publicacións Artigos en revistas 2013. "Música basada en la obra de Ramón María del Valle-Inclán y Montenegro (con Roger Tinnell). Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 27, páxs. 171-201. 2012. "Patto di sangue. Libreto de Sandro Capelletto. Música de Matteo D'Amico: a obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Papeletas para un catálogo de compositores VI". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 24, páxs. 189-203. 2012. "La rosa de papel" de Valle-Inclán e o "Orfeón Los Amigos": unha sociedade coral pontevedresa de finais do século XIX". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán" nº 23, páxs. 31-43. 2011. "Acario Cotapos en España. As súas "Voces de gesta": obra musical inspirada na "Tragedia pastoril" homónima de Valle-Inclán". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 22, páxs. 29-66. 2011. "A obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Papeletas para un catálogo de compositores. V". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 22, páxs. 123-131. 2010. "A obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. V". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 21, páxs. 33-49. 2008. "A obra de Valle - Inclán como fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. III". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 17, páxs. 17-41. 2007. "A obra de Valle-Inclán, fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. II". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 14, páxs. 60-111. 2006. "A obra de Don Ramón del Valle-Inclán fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. I". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 12, páxs. 45-49.Fernando López-Acuña López en Dialnet.
Colaboracións en obras colectivas 2007. "Himno. Historia, texto e música" (con Manuel Ferreiro Fernández), en Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ramón Villares, eds. Símbolos de Galicia. A Coruña: Consello da Cultura Galega / Real Academia Galega. ISBN 978-84-96530-46-1, pp. 105-192.Himno. Historia, texto e música.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
(primeira edición de 1996) Ligazóns externas "Unha palabra para don Ricardo": Fernando López-Acuña Video. Colexio Fingoi . A Coruña: acto literario e musical co gallo do 110º aniversario da estrea do Himno galego na Habana Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Enciclopedistas de Galicia