é un deseñador e director de videoxogos xaponés, máis coñecido por ser o creador da franquía Pokémon de Nintendo, así como un dos fundadores e o presidente da empresa de desenvolvemento de videoxogos Game Freak.

Seareiro dos xogos arcade, Tajiri escribiu e editou a súa propia revista sobre videoxogos, Game Freak, xunto con Ken Sugimori antes de evolucionar a empresa cara a unha desenvolvedora baixo o mesmo nome. Tajiri declarou que unir dúas consolas Game Boy a través do cable Link foi o que o inspirou a crear un xogo cuxo obxectivo orixinal era coleccionar insectos, a súa grande afección da nenez. O xogo, que despois se convertería en Pokémon Red e Pokémon Green, levou seis anos para ser completado e foi o xermolo dunha franquía multimillonaria que deu un pulo renovado a Nintendo no sector das consolas portátiles. Tajiri continuou a traballar como director da serie de videoxogos Pokémon ata o desenvolvemento de Pokémon Ruby e Sapphire, cando cambiou o seu rol a produtor executivo.

Tajiri tamén traballou noutros proxectos como os spin-offs da franquía Mario, e foi o produtor executivo do filme de acción en vivo Detective Pikachu.

Obras AnoTítuloRol1989Mendel PalaceDirector e deseñador1991Smart BallDirector, deseñador,guionista de escenariosYoshiDirector e deseñador1992Magical Tarurūto-kunProdutor1993Mario & WarioDirector, deseñador1994Nontan to Issho: Kuru-Kuru PuzzlePlanificadorPulsemanDirector, deseñador1995Jelly Boy 2 (sen estrear)Supervisor1996Pokémon Red, Green e BlueDirector, deseñador,guionista de escenarios, deseñador de mapas1997Bushi Seiryūden: Futari no YūshaDeseñador1999Pokémon Gold e SilverDirector, deseñador2002Pokémon Ruby e SapphireDirector executivo2004 Pokémon FireRed e LeafGreenGuionista de escenarios,director executivoPokémon Emerald Director executivo2005Drill DozerProdutor executivo2006Pokémon Diamond e Pearl2010Pokémon HeartGold e SoulSilver2011Pokémon Black e White2012Pokémon Black 2 e White 2HarmoKnight2013Pokémon X e Y2014Pokémon Omega Ruby e Alpha Sapphire2015Tembo the Badass Elephant2016Pokémon Sun e Moon2017Giga WreckerPokémon Ultra Sun e Ultra Moon2018Pokémon: Let's Go, Pikachu! e Let's Go, Eevee!2019Pokémon Sword e Shield

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Tajiri, Satoshi A Catcher in Pac-Land: Video Game Youth Story (abril de 1990) JICC Tajiri, Satoshi New Game Design (1995) Enix

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Pokémon Categoría:Personalidades de Nintendo Categoría:Directores de videoxogos do Xapón Categoría:Deseñadores de videoxogos do Xapón