miniatura|250px|Esquema dun satélite Rhyolite interceptando emisións de microondas tal como se describe no libro de James Bamfords The Shadow Factory. Rhyolite (significando riolita), denominados máis tarde Aquacade e tamén coñecidos baixo a denominación Programa 720 e Programa 472, foi unha serie de satélites de intelixencia dos Estados Unidos de América para a detección de sinais electromagnéticas.
Características Os satélites Rhyolite, renomeados como Aquacade cando o seu nome orixinal se fixo público, eran satélites de intelixencia para a detección de sinais electrónicas desde a órbita xeoestacionaria. O seu obxectivo principal era recoller telemetría de mísiles soviéticos e chineses. Lanzáronse catro satélites Rhyolite entre 1970 e 1978, todos a bordo de foguetes Atlas-SLV3A Agena-D. Eran fabricados por TRW, tiñan unha masa de 700 kg e unha antena despregable de entre 20 e 23 m de diámetro. Foron substituídos polos satélites da serie Magnum.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasRhyolite 119 de xuño de 1970Atlas-SLV3A Agena-DÉxitoRhyolite 26 de marzo de 1973Atlas-SLV3A Agena-DÉxitoRhyolite 311 de decembro de 1977Atlas-SLV3A Agena-DÉxitoRhyolite 47 de abril de 1978Atlas-SLV3A Agena-DÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atlas-SLV3A Agena-D Magnum (satélites)
Categoría:Satélites artificiais