Carlos Holmes Trujillo García, nado en Cartago o 4 de decembro de 1951 e finado en Bogotá o 26 de xaneiro de 2021, foi un avogado, escritor e político colombiano. Durante a súa carreira política foi alcalde de Santiago de Cali, Constituínte de 1991, diplomático, así como ministro do Interior, de Educación, de Relacións Exteriores e de Defensa en diferentes gobernos. Durante o mandato de Álvaro Uribe foi designado como Xefe da Misión de Colombia ante a Unión Europea.

Traxectoria Exerceu como profesor universitario da Universidade do Rosario e foi columnista en diversos medios nacionais. Foi precandidato á presidencia para as eleccións de 2018 polo partido Centro Democrático. Foi o ministro de Relacións Exteriores designado polo presidente Iván Duque para o período 2018-2019.

Foi designado polo Goberno de Colombia como ministro de Defensa o 12 de novembro de 2019 trala renuncia do titular Guillermo Botero, o 6 do mesmo mes.

O 26 de xaneiro de 2021 finou por mor dunha pneumonía derivada de complicacións pola COVID-19 no Hospital Militar Central de Bogotá.

Publicacións Foi autor das obras: El compromiso El voto programático Al oído de Uribe: Cómo iniciar un nuevo proceso de paz en Colombia (editor)

Notas

Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Alcaldes de Colombia Categoría:Finados pola COVID-19 en Colombia Categoría:Embaixadores de Colombia en Rusia Categoría:Embaixadores de Colombia en Austria Categoría:Embaixadores de Colombia en Finlandia Categoría:Embaixadores de Colombia en Noruega Categoría:Embaixadores de Colombia en Suecia Categoría:Embaixadores de Colombia en Islandia Categoría:Embaixadores de Colombia en Dinamarca Categoría:Ministros de Colombia