Luís Mariño Pampín, nado en Santiago de Compostela o 29 de agosto de 1941 e finado na mesma cidade o 22 de maio de 1999,"Pesar en el mundo de la cultura por el fallecimiento del periodista Luis Mariño", La Voz de Galicia, 23-5-1999, p. 40. foi un escritor, xornalista e editor galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e Dereito. Activista cultural na Compostela de maio do 68, colaborou co Cine-Club da Asociación Fotográfica Compostelana (AFC). A comezos dos anos setenta dirixiu en Ourense a libraría do periódico La Región. Dende 1973 foi responsable de comunicación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A finais dos anos setenta fundou con Carlos Delgado Edicións do Cerne, que abandonou en 1981 para incorporarse a Edicións Xerais de Galicia como adxunto á dirección, pasando en 1983 a director xeral, cargo no que permaneceu até o seu cesamento en maio de 1988. Creou os premios Xerais e Merlín. Dende 1990 traballou na Televisión de Galicia dirixindo o magacine cultural "Etcétera", no que tamén foi entrevistador e moderador, e entre 1992 e 1995 dirixiu e presentou "Moderato Cantabile". Escribiu artigos sobre arte, edición, literatura e música.
Recoñecementos Premio do Patronato Rosalía de Castro ao mellor libro editado en Galicia pola obra completa de Fermín Bouza Brey (1980). Premio Santiago de TVE á mellor labor cultural realizada en Galicia (1986). Premio Atlántida de Barcelona ao mellor programa cultural das televisións de España (1992). Premio Galicia de Comunicación á mellor labor desenvolvida en televisión (1992).
Notas
Véxase tamén Bibliografía GARCÍA MARTÍNEZ, Pablo (2020). «Semblanza de Luis Mariño Pampín (Santiago de Compostela, 1941-1999)», Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes - Portal Editores y Editoriales Iberoamericanos (siglos XIX-XXI) - EDI-RED.
Ligazóns externas Ficha en AVG
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Editores de Galicia
Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes