miniatura|300px|O centauro Euritión intenta raptar a Hipodamia mentres Pirítoo (á esquerda) e Teseo (á dereita) a defenden (detalle dunha crátera de figuras vermellas, c. 350-340 a.C., Museo Británico)

Euritión (ou Éurito) foi un centauro que intentou violar e raptar a Hipodamía e resultou morto a mans de Teseo

Pirítoo e Hipodamía celebraron a súa voda e invitaron, entre outros, ós centauros, cos que ela tiña unha relación de parentesco. Os centauros (disque por non estar afeitos ó viño sen augar) terminaron emborrachándose Os centauros tiñan sona de seren personaxes salvaxes, luxuriosos, violentos cando estaban borrachos, como resultaba habitual neles, excepto Folo e Quirón, os dous únicos centauros sabios e rectos. e atacando á noiva e ós invitados. Euritión encabecou a liorta arrastrando a Hipodamía dos cabelos, mentres que o resto dos centauros se abalanzaron sobre as outras invitadas e mesmo sobre os homes mozos presentes.

miniatura|250px|esquerda|Os centauros chegan con presentes á voda de Hipodamía

Os compatriotas de Pirítoo, os lapitas, ós que se uniu Teseo, amigo de Pirítoo, saíron en defensa das súas mulleres e comezaron unha forte loita contra os centauros (loita coñecida como Centauromaquia), que rematou coa morte de moitos deles e a fuxida do resto.

Notas

Bibliografía

GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017, 210-458 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Criaturas da mitoloxía grega