miniatura|200x200px|Figura 1. Apoiatura.

A apoiaturaApoiatura en bUSCatermos da USC. en música é un signo que se coñece como Ornamento musical. Tamén é denominada apoiatura longa en contraposición á apoiatura. Unha apoiatura musical, conforme a Souriau, supón o feito de esquivar a nota que viría esixida pola estrutura melódico-harmónica e no canto de interpretala inmediatamente, chégase a ela de forma indirecta, aínda a risco de producir unha disonancia.

O termo provén do verbo italiano appoggiare que significa «apoiar».

Representación gráfica miniatura|275x275px|Figura 2. Notación da apoiatura.   Nas partituras e partichelas, do mesmo xeito que a acciaccatura, aparece representada mediante unha ou varias notas de tamaño reducido que se debuxan diante ou detrás da nota principal presentada en tamaño convencional (ver Figura 1). Polo xeral, a apoiatura adoptará a forma dunha pequena corchea. Pode ser anotada seguindo o procedemento que acabamos de comentar, é dicir, como ornamento ou ben escribindo a súa execución en notación normal.

Usos e efectos Trátase dunha nota que non pertence á melodía ou ao acorde. Normalmente dá lugar a unha disonancia con respecto á harmonía predominante que inmediatamente despois se resolve por graos conxuntos no seguinte tempo débil. Adoita implicar que a nota de adorno está un ton ou semitón por riba ou por baixo da nota principal. A miúdo emprégase a nota natural que segue á nota principal na escala diatónica, aínda que non hai regras estritas respecto diso. Igualmente existen as apoiaturas de varias notas que se poden colocar de maneira máis libre.

A apoiatura, a diferenza da acciaccatura, forma parte da melodía e toma a súa duración da nota á que precede ou nota principal. Aínda que este valor pode variar en función do contexto en que se atope:

Cando a nota principal é divisible por dúas subtraerá a metade do seu valor. Se a nota principal é divisible por tres, a apoiatura restaríalle dúas terceiras partes da súa duración. No caso de que a nota principal estea ligada a outra, a apoiatura tomará o valor da máis longa das dúas.

miniatura|280x280px|Figura 3. Interpretación da apoiatura.   Na execución non se adoita acentuar a nota principal. No entanto, é fundamental coñecer a que época pertence a peza xa que a súa execución pode variar. A apoiatura é un ornamento que dá como resultado unha interpretación máis estética dunha obra musical. No Barroco era habitual que a música se interpretase no clavicémbalo, que era un instrumento que non permitía achegar ningunha clase de matices. De aí xurdiu a necesidade de adornar as melodías da época para dotar de variedade e estética ás composicións. Así mesmo, este ornamento foi utilizado con frecuencia polos compositores do período clásico.

Na música barroca e do clasicismo así como no período romántico temperán, en determinados contextos a apoiatura dábase por sentado mesmo cando non estaba anotada na partitura. Esta circunstancia era particularmente frecuente no recitativo.

Tipos As apoiaturas poden presentarse nun dos tipos seguintes:

Apoiatura breve ou acciaccatura: escríbese cunha corchea pequena riscada antes da nota principal. Apoiatura longa: represéntase cunha corchea pequena sen riscar antes da nota principal. Apoiatura dobre: represéntase con dúas notas semicorcheas máis pequenas antes da nota principal que poden estar separadas entre si por intervalos diversos. Apoiatura posterior: neste caso a apoiatura aparece trala nota principal e reduce a duración desta no seu propio valor. Tamén pode ser sinxela ou dobre.

Ademais, estas notas de adorno pódense clasificar atendendo a dous criterios:

Ascendentes ou descendentes, segundo sexan respectivamente máis graves ou máis agudas que a nota principal. De grao ou de salto, segundo estean colocadas a unha distancia de segunda da nota principal ou a distancia maior.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía «Appoggiatura». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 . Barjau, Eustaquio: «La música en los aledaños de la palabra: a propósito de la 'ornamentación musical'». Palabra y música, 2005, pp. 83-93. Férriz Lozano, Eudoxia. Paradigma Digital, 2009 :19-22 Hiller, Johann A. & Beicken, Suzanne J.: Treatise on Vocal Performance and Ornamentation. Cambridge University Press, 2001. Kreitner, Kenneth et al.: «Ornaments». Grove Music Online, ed. L. Macy. Consultado o 14-09-2008. Marín Corbí, Fernando: «De la ornamentación a la improvisación musical». Quodlibet, 47:10-31, 2010. Seletsky, Robert E.: «Acciaccatura». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 .

Outros artigos Notación musical Ligazóns externas «Notas de adorno» en Teoria.com «Notas de adorno» en MuseScore.org

Categoría:Notación musical