Domingo Pellicer Daviña, nado en Vigo o 15 de abril de 1949 e finado en Pamplona o 7 de xaneiro de 2020, foi un arquitecto galego, catedrático de construcións da Universidade Politécnica de Madrid e da Universidade de Navarra, e investigador do formigón.
Traxectoria Formación e docencia Tras licenciarse en arquitectura pola Universidade de Navarra (1973), comezou a súa actividade docente impartindo a materia "Construción II". En 1977 doutorouse coa tese Tecnología de los Hormigones Estructurales. Dende 1978, ocupou diversos cargos académicos: director de estudos da Escola Técnica Superior de Arquitectura (1978-1982); subdirector da Escola (1982-1994), e director do departamento de Edificación.
Posteriormente, continuou a traballar como profesor nas escolas de arquitectura de Sevilla, A Coruña e Madrid, onde gañou a cátedra de construcións arquitectónicas en 1986. De regreso a Pamplona, continuou co seu labor docente ata a súa xubilación en 2019.
Investigación Desenvolveu varios proxectos de investigación sobre construción con formigón, algúns deles centrados no formigón fabricado en Navarra.
Obra arquitectónica Ademais da súa actividade docente, Pellicer dedicouse profesionalmente ao campo da edificación. Concretamente dsenvolveu vivendas, tanto colectivas como unifamiliares, edificios destinados á docencia e naves industriais. En Bilbao, participou como consultor na edificación do Museo Guggenheim e na rehabilitación do colexio Luis Briñas, ademais de intervir na reparación do frontón de Gernika-Lumo.
Vida persoal Casado con Blanca, o matrimonio tivo seis fillos: Blanca, María Eugenia, Teresa, Jesús, Diego e Javier.
Publicacións Arquitectura Publicou, entre outras, as seguintes monografías: El hormigón armado en la construcción arquitectónica (Tomo I e Tomo II), Madrid, Bellisco, 2010, 850 pp. Coedición con Cristina Sanz Larrea. Principios de construcción de estructuras, Pamplona, Ulzama, 2010, 289 pp. El ladrillo cerámico en la construcción arquitectónica, Madrid, Dossat, 2009, 340 pp. Coedición con Ana Sánchez-Ostiz. Construcción de estructuras metálicas, Madrid, Bellisco, 2002. Revestimientos y pinturas, Madrid, CIE Dossat 2000, 2003, 232 pp. Pavimentos, Madrid, CIE Dossat 2000, , 228 pp. Este Coirós, quién viene siendo?: (cartas a un invasor sobre la perversión de la arquitectura), Pamplona, EUNSA, 1986, 175 pp.
Outros temas Gaudeámonos, hijitos, maio-novembro, 2015, 115 p. Mascarada, maio-novembro, 2013, 87 p. Cuentos y cuentecillos, 2012, 76 pp. Evaristo y el fantasma y otros cuentos, Pamplona, ed. do autor, 2012, 111 pp. De obispos y de meigas, Sant Joan Despí, Barcelona, Puerta con Puerta, 2010, 476 pp. Obra sobre o Camiño de Santiago.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade de Navarra Categoría:Profesores da Universidade de Sevilla Categoría:Personalidades da Universidade Politécnica de Madrid