Xosé Abilleira Sanmartín, nado en Lérez (Pontevedra) o 13 de marzo de 1964, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Xosé Abilleira (dereita), con Anxo González Guerra (esquerda) na presentación de Memorias dunha vaca marela de Afonso Eiré (centro) en Pontevedra, 2018 Estudou no Instituto pontevedrés da Xunqueira e licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu a docencia no IES Valle-Inclán, no IES Gonzalo Torrente Ballester, no IES Pazo da Mercé das Neves (no que foi director) e no IES de Soutomaior.
Ten colaborado no Diario de Pontevedra, A Nosa Terra, A Nova Peneira, Sermos Galiza, Pontevedra Viva, Cedofeita, Ólisbos, Madrygal...
Formou parte da candidatura do BNG ao Concello de Pontevedra como suplente e foi responsábel local do partido.
Integrante de diversas entidades culturais (Asociación Amigos da Cultura, Asociación Cedofeita, Sociedade de Estudos Clásicos...), preside Maio Longo.
Obra Luís Amado Carballo (2001). A Nosa Terra. 150 aniversario da publicación de "A gaita gallega" de Xoán Manuel Pintos (1853-2003) (2003). Concello de Pontevedra. Literatura universal, Bacharelato 2 (2009). Xerais. 455 páxs. ISBN 9788497829830. Con Eloi Gestido de la Torre. Literatura universal 2, Bacharelato. Proposta didáctica (2009). Xerais. 162 páxs. ISBN 9788497829847. Con Eloi Gestido de la Torre. Roteiro Xoán Manuel Pintos (2011). Concellaría de Normalización Lingüística. 39 páxs. Con Ana Acuña. Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994): estudos e lembranzas sobre a vida e a obra do helenista e poeta (2019). Xerais. 182 páxs. Stella Maris González Balbuena e Xosé Abilleira Sanmartín (coords.) Estudos sobre o Foro de Pontevedra (1169) (2019). Coordinador e artigos. Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-11015-5. O legado clásico na nosa cultura. Unha mirada desde Pontevedra (2020). Morgante Ed. 176 páxs. ISBN 978-84-15166-84-9.
Colaboracións "Juan de Guzmán e o ambiente humanista na Pontevedra do século XVI", en Actas do Simposio de Historia marítima do século XII ao XVI "Pontevedra e o mar" (2003). Coordinado e editado por Francisco Calo Lourido, Concello de Pontevedra, páxs 233-244. "Pontevedra literaria. Antoloxía de textos en homenaxe á Boa Vila" (2009). Concello de Pontevedra/Fundación Caixagalicia. En colaboración con Carme Blanco Ramos, Eloi Gestido de la Torre… "Paseo físico e textual pola Pontevedra de Xoán Manuel Pintos" (2010). En Revista de investigación en educación, ISSN 1697-5200, Vol. 8, Nº. 1, páxs. 73-82. Con Ana Acuña. "A cultura clásica en Xoán Manuel Pintos, material dignificador para Galiza" (2012). En Actualidade e compromiso: Congreso Xoán Manuel Pintos, 6, 7, 8 e 9 de abril de 2011, Pontevedra: libro de actas, 2012, páxs. 93-102 "Textos medievales en latín sobre el Castello de Citofacta y su transmisión" (2021). En Nuevos Estudios de Latín Medieval Hispánico. Italia: Sismel, Edizione del Galluzzo. "O castelo de Cedofeita: textos latinos medievais e transmisión" e "Xelmírez na consagración dos bispos Munio e Hugo na igrexa de Lérez segundo a Historia Compostelá" (2021) En Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita. Asociación Sociocultural de Lérez. VV.AA. (2025). Meu Castelao! Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0. Limiar e coordinación.
Edicións e traducións
López de Soto, Xaquín (1992). Os maios en Pontevedra, polos anos de 1848 ó 1853. Pontevedra, Casal de Edicións. 44 páxs. Tradución. Carmen Patrium sive Pontevedra. Canto á miña Terra, ou sea Pontevedra. P. Hermenegildo Amoedo Carballo e a tradución libre de Xoán Manuel Pintos (1993). Casal de Edicións, Pontevedra. 70 páxs. Samósata, Luciano de (2010). Relatos Verídicos. Ed. Rinoceronte, colección Vétera. ISBN 9788492866151. Introdución, tradución do grego e notas con Xurxo Pereira.
Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1964 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Políticos do BNG Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela