miniatura|200x200px|Armadura da tonalidade da maior / fa díese menor. Na notación musical, a armadura de tonalidade, tamén chamada armadura de clave ou simplemente armadura, é o conxunto de alteracións propias da escala (díeses ou bemoles) que, escritas despois da clave e ao principio do pentagrama, sitúan unha frase musical nunha tonalidade específica. A súa función é determinar que notas deben ser interpretadas de maneira sistemática un semitono por encima ou por baixo das súas notas naturais equivalentes, a menos que tal modificación se realice mediante alteracións accidentais.

Representación gráfica As armaduras de tonalidade polo xeral represéntanse ao principio dunha liña de notación musical, inmediatamente despois da clave e antes do signo de compás. O seu propósito é reducir ao mínimo o número de alteracións necesarias para anotar a música na partitura ao longo dunha peza. Por esa razón, adóitanse empregar as armaduras para evitar a complicación de ter que escribir as alteracións accidentais cada vez que aparecen as notas musicais que deban ser alteradas nunha determinada tonalidade.

As alteracións da armadura, que se denominan alteracións propias, aparecen sempre seguindo unha orde determinada, que varía dependendo de que se trate de bemoles ou de díeses. A orde de bemoles é o inverso ao de díeses e viceversa. No sistema latino de notación son:

Orde de bemoles, avanzando ascendentemente por cuartas: Si - Mi - La - Re - Sol - Do - Fa Orde de díeses, avanzando ascendentemente por quintas: Fa - Do - Sol - Re - La - Mi - Si

En notación alfabética ou anglosaxoa é a mesma orde, pero ao utilizar letras diferentes a combinación deu lugar a unha regra mnemotécnica mediante a formación dos seguintes acrósticos:

B♭ - E♭ - A♭ - D♭ - G♭ - C♭ - F♭ Battle Ends And Down Goes Charles' Father. F♯ - C♯ - G♯ - D♯ - A♯ - E♯ - B♯ Father Charles Goes Down And Ends Battle.

No entanto, a armadura tamén pode aparecer noutros puntos da partitura tras unha dobre barra de compás que marca un cambio de armadura. En ocasións o cambio de armadura ten lugar ao final dun pentagrama. Nese caso, represéntase mediante unha armadura de cortesía da nova tonalidade precedida dunha dobre barra ao final da liña, ademais dunha segunda armadura ao principio do seguinte pentagrama. As armaduras de cortesía, aínda que son innecesarias, colócanse en casos como este para lembrar ao intérprete que se achega o cambio de tonalidade e así evitar erros de lectura. A continuación pódense ver dous exemplos de armaduras de cortesía nas que se empregan becuadros a modo de recordatorio do cambio.

En partituras para máis dun instrumento adóitanse escribir todos os instrumentos coa mesma armadura, aínda que hai excepcións:

Cando se trata dun instrumento transpositor. Cando se trata dun instrumento de percusión de altura indeterminada. Os compositores poden omitir a armadura para trompa e en ocasións as partes da trompeta. Isto quizais sexa unha reminiscencia dos primeiros tempos dos instrumentos de vento metal, cando os tonillos eran engadidos a estes instrumentos para modificar a lonxitude do tubo e permitir tocar en diferentes tonalidades.

Usos e efectos O efecto da armadura esténdese ao longo dunha peza ou movemento, exceptuando que este sexa expresamente cancelado mediante unha nova armadura ou ben mediante un signo de becuadro. Ademais, se unha armadura ao principio dunha peza indica por exemplo que a nota se debe ser tocada coma si bemol, incluso as notas si de oitavas superiores e inferiores veranse afectadas por esta regra. A única excepción será que a nota si vaia precedida por unha alteración accidental que anule o efecto da armadura. Cando un intérprete le unha partitura por primeira vez, só con ver a armadura pode facerse unha idea da tonalidade en que se atopa a obra. En principio, calquera peza pode ser escrita en calquera tonalidade coa súa armadura específica, utilizando logo alteracións accidentais para corrixir individualmente cada nota na que tal armadura non debería aplicarse. Aínda que, por outra banda, non é estraño atopar unha obra musical escrita cunha armadura que non coincide coa súa tonalidade. Por exemplo, nalgunhas pezas barrocas ou nas transcricións de melodías modais folclóricas.

centro|miniatura|500x500px|Figura 6. Cantata n.º 106 de Bach, está escrita case por completo en mi bemol maior (3 ♭), aínda que na armadura é de si bemol maior (2 ♭). A convención para o funcionamento das armaduras segue o círculo de quintas. Cada tonalidade maior e menor conta cunha armadura asociada que adxudica díeses ou bemoles como alteracións propias a determinadas notas nesa tonalidade. Partindo de dó maior (la menor) que non ten alteracións, existen dúas posibilidades:

miniatura|450x450px|Figura 7. Círculo de quintas mostrando as tonalidades maiores e menores coas súas armaduras.

Seguir o movemento das agullas do reloxo ao redor do círculo de quintas para aumentar sucesivamente a tonalidade por quintas engadindo un díese cada vez. O novo díese colócase sobre a sensible (VII grao) da nova armadura para as tonalidades maiores; ou ben sobre a supertónica (II grao) para as tonalidades menores. En consecuencia, sol maior (mi menor) ten 1 ♯ en fa; re maior (si menor) ten 2 ♯ (en fa e do); e así sucesivamente. Seguir un movemento contrario ás agullas do reloxo ao redor do círculo de quintas para reducir sucesivamente a tonalidade por quintas engadindo un bemol cada vez. O novo bemol colócase sobre a subdominante (IV grao) da nova armadura para as tonalidades maiores; ou ben sobre a submediante (VI grao) para as tonalidades menores. En consecuencia, fa maior (re menor) ten 1 ♭ en si; si bemol maior (sol menor) ten 2 ♭ (en si e mi); e así sucesivamente.

Dito doutra maneira, a secuencia de díeses ou bemoles nas armaduras adoita ser ríxida na notación musical actual. Salvo dó maior (la menor), as armaduras preséntanse en dúas variedades: armaduras de díeses (tonalidades de díeses) e armaduras de bemoles (tonalidades de bemoles), chamadas así porque conteñen só alteracións dunha ou outra índole. Nas armaduras con díeses o primeiro colócase en fa e os seguintes en do, sol, re, la, mi e si; nas armaduras con bemoles o primeiro colócase en si e os seguintes en mi, la, re, sol, do e fa.

Así pois, hai 15 armaduras convencionais para tonalidades maiores e as súas respectivas menores cun máximo de sete díeses ou sete bemoles, incluíndo a armadura baleira ou sen alteracións que corresponde á tonalidade de dó maior ou calquera das súas variacións modais; como la menor, que é o seu relativo menor. A tonalidade relativa menor está unha terceira menor cara a abaixo contando desde a tonalidade maior, independentemente de se se trata dunha armadura de bemoles ou de díeses.

Corolarios Partindo dunha tonalidade con bemoles na armadura: ao ascender por quintas sucesivamente redúcense os bemoles até cero, en dó maior (la menor). Ademais, dita elevación engade díeses como se describiu anteriormente. Partindo dunha tonalidade con díeses na armadura: ao descender por quintas sucesivamente redúcense os díeses até cero, en dó maior (la menor). Ademais, tal redución engade bemoles como se describiu anteriormente. Cando o proceso de ascender por quintas (agregando un díese) produce máis de cinco ou seis díeses, as tonalidades ascendentes sucesivas en xeral, implican un cambio á tonalidade equivalente enarmónicamente mediante unha armadura baseada en bemoles. Normalmente, isto ocorre en fa♯ = sol♭, pero tamén en do♯ = re♭ ou en si = do♭. O mesmo principio aplícase ao proceso de redución sucesiva por quintas.

ArmaduraTonalidade maiorTonalidade menorsi♭, mi♭, la♭, re♭, sol♭, do♭, fa♭dó bemol maiorla bemol menorsi♭, mi♭, la♭, re♭, sol♭, do♭sol bemol maiormi bemol menorsi♭, mi♭, la♭, re♭, sol♭re bemol maiorsi bemol menorsi♭, mi♭, la♭, re♭la bemol maiorfa menorsi♭, mi♭, la♭mi bemol maiordó menorsi♭, mi♭si bemol maiorsol menorsi♭fa maiorre menordó maiorla menorfa♯sol maiormi menorfa♯, do♯re maiorsi menorfa♯, do♯, sol♯la maiorfa díese menorfa♯, do♯, sol♯, re♯mi maiordo díese menorfa♯, do♯, sol♯, re♯, la♯si maiorsol díese menorfa♯, do♯, sol♯, re♯, la♯, mi♯fa díese maiorre díese menorfa♯, do♯, sol♯, re♯, la♯, mi♯, si♯do díese maiorla díese menor Na música occidental utilízanse 24 tonalidades diferentes. As armaduras con sete bemoles e sete díeses utilízanse moi poucas veces posto que teñen equivalentes enarmónicos máis sinxelos. Por exemplo, a tonalidade de do díese maior, con sete díeses, pode ser representada de maneira máis simple como re bemol maior, con cinco bemoles. A efectos da práctica actual estas tonalidades son o mesmo no temperamento igual, debido a que do♯ e re♭ son enarmónicamente a mesma nota. En calquera caso, hai pezas escritas nestas tonalidades extremas de díeses ou bemoles. Un exemplo, é o Preludio e Fuga n.º 3 do Libro 1 de «O clavicémbalo ben temperado» BWV. 848 Bach, que está en dó díese maior. Máis mostras atópanse no musical moderno Seussical de Stephen Flaherty e Lynn Ahrens, que tamén conta con varias cancións escritas nestas tonalidades extremas.

Para pescudar a tonalidade maior que corresponde a cada armadura adoita seguirse este razoamento:

En armaduras de díeses a tónica da peza en tonalidade maior está inmediatamente por encima da última díese da armadura. Por exemplo, nunha armadura cunha díese (fa♯), a última díese é fa♯, o cal indica que a tonalidade é sol maior porque a seguinte nota por encima de fa é sol. miniatura|405x405px|Figura 8. Armaduras distintas para cada voz nun motete de Victoria.En armaduras de bemoles a tónica da peza en tonalidade maior está catro notas por baixo do último bemol, ou o que é o mesmo, é o penúltimo bemol da armadura. Así por exemplo, nunha armadura con catro bemoles (si♭, mi♭, la♭, re♭,) o penúltimo bemol é la♭, o cal indica que a tonalidade é la bemol maior.

Historia A armadura de tonalidade formada por un bemol desenvolveuse no período medieval. Con todo, as armaduras con máis dun bemol non apareceron até o século XVI e as armaduras de díeses non se verán até a metade do século XVII.

Cando as armaduras con varios bemoles apareceron por primeira vez, a orde dos bemoles non estaba estandarizada e con frecuencia un bemol aparecía en dúas oitavas diferentes, como se mostra na imaxe do motete de Victoria (Figura 8). A finais do século XV e principios do XVI era común que as diferentes voces nunha mesma composición tivesen armaduras diferentes, trátase dunha situación chamada "armadura parcial" ou "armadura en conflito". Esta circunstancia no século XV era de feito máis común que as armaduras completas. No motete do século XVI Absolon fili mi atribuído a Josquin des Prez, dúas das voces están escritas con dous bemoles, unha voz con tres bemoles e unha voz máis con catro bemoles.

A música barroca escrita en tonalidade menor con frecuencia escribíase cunha armadura de tonalidade con menos bemoles dos que agora se asocian ás tonalidades. Por exemplo, os movementos en dó menor a miúdo contiñan soamente dous bemoles, debido a que o la bemol (♭) con frecuencia tendía a ser modificado mediante un becuadro (♮) na escala menor melódica ascendente, como o faría o si bemol (♭).

Armaduras pouco comúns As armaduras antes mencionadas representan unicamente tonalidades baseadas en escalas diatónicas e por tanto ás veces chamadas "armaduras estándar". Outros tipos de escalas escríbense xa sexa cunha "armadura estándar" e usando alteracións accidentais segundo sexa necesario; ou ben cunha "armadura non estándar". Algunhas mostras desta última opción atópanse nas seguintes obras musicais: