O Tribunal Supremo de Israel é a máxima institución xudicial do Estado de Israel. A Lei Básica: o poder xudicial (1984) regula as súas competencias, composición e funcionamento. A súa sede está en Xerusalén.

Características O Tribunal Supremo está á cabeza do sistema xudicial do Estado de Israel e ten unha dupla función. Dunha parte é a máxima instancia de apelación en material civil e penal e doutra encárgase da revisión xudicial das medidas do goberno.

Os fallos do Tribunal Supremo son de obrigado cumprimento no país agás para ela mesma, seguindo o principio de stare decisis. As súas decisións gañan notoriedade internacional cando se pronuncian sobre cuestións derivadas do conflito árabe-israelí, os dereitos dos árabes de Israel ou a corrupción no goberno.

O número de xuíces determínao a Knesset, actualmente está fixado en 15. Os seus membros son designados polo Presidente do Estado de Israel seguindo o consello dunha comisión especial composta por xuíces do Tribunal Supremo, do Colexio de Avogados e personalidades públicas. Os xuíces son cargos vitalicios pero cesan ao cumprir os 70 anos de idade, aquel que leve máis tempo servindo no Tribunal é o presidente.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Tribunal Supremo de Israel

Categoría:Política de Israel Categoría:Tribunais supremos