Leopoldo A. González Agís, chamado Poldo, ou Poldito para diferencialo do pai, nado en 1938 e finado en Sanxenxo o 3 de febreiro de 2014, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Leopoldo González Pombo, que xa fora alcalde de Sanxenxo en dúas ocasións, na década dos corenta e dos cincuenta, era persoa coñecida da vila de Portonovo. Delegado local do Instituto Social da Mariña, foi designado alcalde de Sanxenxo en 1973 en substitución de Miguel Ángel Botana. Coa caída da ditadura, e logo dun cesamento obrigado legalmente, González Agís presentouse ás primeiras eleccións municipais democráticas encabezando a candidatura da UCD e revalidou o seu cargo na alcaldía, posto onde permaneceu durante catro anos máis ata 1983, cando dimitiu no mes de febreiro. Durante esta lexislatura deulle algunhas competencias a concelleiros da oposición.

Ademais, foi secretario da confraría de pescadores de Portonovo e presidente da SD Portonovo, o club de fútbol. Durante varios anos disputouse un torneo de verán que leva o seu nome.

Obras Pinceladas de la historia, costumbres y tradiciones de Portonovo, 1996.

Los cuentos del tío Ramón, 1999. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Sanxenxo

Categoría:Alcaldes de Sanxenxo

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados en 1938