The White Tiger é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Ramin Bahrani. Está protagonizado por Adarsh Gourav xunto con Rajkummar Rao e Priyanka Chopra, quen tamén é un dos produtores executivos, xunto con Prem Akkaraju, Ava DuVernay e Ken Kamins. O filme conta coa banda sonora de Danny Bensi e Saunder Jurrians, e a fotografía e a edición son obra de Paolo Carnera e Tim Streeto. É unha adaptación da novela homónima de 2008 escrita por Aravind Adiga. Conta a historia de Balram, quen se viu obrigado a deixar a escola mesmo antes de comezar a aprender. Porén, tivo un soño, liberarse da pobreza, desfacerse da servidume e non deixarse atrapar polo feudalismo. Emprega o seu enxeño e astucia para escapar da pobreza e chegar ó máis alto.
Adiga publicou o seu libro e decidiu facer unha adaptación cinematográfica a finais de 2010, vendendo os dereitos ó produtor Mukul Deora, mais o filme nunca se levou a cabo. Bahrani foi contratado para realizar a adaptación, aínda que escribiu o primeiro borrador mesmo antes de que fose publicado. O filme rodouse en diferentes localizacións en Delhi dende outubro até decembro de 2019, e estreouse nas Vegas o 6 de xaneiro de 2021, e estreouse en cinemas limitados nos Estados Unidos o 13 de xaneiro. Estreouse en todo o mundo a través da plataforma en liña Netflix o 22 de xaneiro de 2021. The White Tiger recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que eloxiou a súa dirección, guión e interpretacións.
Personaxes Adarsh Gourav como Balram Halwai Priyanka Chopra Jonas como Pinky Rajkummar Rao como Ashok Mahesh Manjrekar como The Stork Vijay Maurya como Mukesh 'The Mongoose' Kamlesh Gill como Granny Swaroop Sampat como The Great Socialist Vedant Sinha como Dharam Nalneesh Neel como Vitiligo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ramin Bahrani Categoría:Filmes ambientados na India Categoría:Filmes rodados en Delhi Categoría:Filmes rodados na India