O Muumimuseo é un museo de arte situado na cidade de Tampere, Finlandia. O museo presenta obras orixinais de Muumintroll e a súa autora Tove Jansson. Está administrado polo Museo de Arte de Tampere e anteriormente foi denominado Tampereen taidemuseon Muumilaakso (en galego Museo de Arte Val Muumi de Tampere). É un museo especialmente popular entre o público adulto e estranxeiro.

O museo foi aberto ao público inicialmente en 1987 e durante os seus primeiros 25 anos de existencia estivo localizado na planta baixa da Biblioteca "Metso", a principal biblioteca da cidade, ata que tivo que ser trasladado a causa das renovacións. Posteriormente, entre 2013 e 2016, foi trasladado á planta baixa do Museo de Arte, onde permaneceu ata que en 2017 se trasladou á súa localización definitiva no Tampere-talo, espazo que foi inaugurado no verán dese mesmo ano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do museo

Muumi