Sonia Martínez Díaz é unha enxeñeira mecánica española investigadora en teoría de control aplicada ao movemento coordinado de grupos de robots e redes de sensores inalámbricos móbiles. É profesora no Departamento de Enxeñaría Mecánica e Aeroespacial na Universidade de California, San Diego.

Educación e carreira Martínez foi a primeira da súa familia en estudar unha carreira universitaria. É licenciada en matemáticas pola Universidade de Zaragoza, titulación que obtivo en 1997, e completou un doutoramento en enxeñaría matemáticana Universidade Carlos III de Madrid, no 2002, traballando con Manuel de León Rodríguez, do Instituto de Ciencias Matemáticas.

Despois de traballar como profesora axudante, visitante na Universidade Politécnica de Catalunya, foise a USA cunha Fulbright Fellowship postdoutoral para traballar con Francesco Bullo na Universidade de Illinois en Urbana–Champaign e na Universidade de California, Santa Bárbara. Conseguiu unha praza de Profesora na Universidade de California, San Diego en 2005, e máis tarde, en 2014, de full professor nesa mesma universidade.

Recoñecemento En 2018, Martínez foi nomeada Socia do IEEE, afiliada ao IEEE Control Systems Society e ao IEEE Robotics and Automation Society, "polas súas contribucións á mecánica e control xeométricos".

Publicacións seleccionadas

Artigos

Martínez, Sonia; Cortés, Jorge (2002). Design of oscillatory control systems. Proceedings da 41ª Conferencia sobre Decisión e Control do IEEE, pp 1509-1514. 2002. Gañador do premio ao mellor artigo de estudantes. Cortés, Jorge; Martínez, Sonia; Karatas, Timur; Bullo, Francesco (2004). Coverage control for mobile sensing networks. IEEE Transactions on Robotic and Automation, 20(2), pp. 243-255. Cortés, Jorge; Martínez, Sonia; Bullo, Francesco (2006). Robust rendezvous for mobile autonomous agents via proximity graphs in arbitrary dimensions. IEEE Transactions on Automatic Control 51(8), pp.1289-1298. Denotado como "classic paper" por Google Scholar. Martínez, Sonia; Cortés, Jorge; Bullo, Francesco (2007). Motion coordination with distributed information. IEEE Control Systems Magazine, vol 27, nº 4, pp. 75-88. Gañador do mellor traballo publicado no IEEE Control Systems Magazine no 2008. Zhu Minghui: Martínez, Sonia (2012). On distributed convex optimization under inequality and equality constraints. IEEE Transactions on Automatic Control 57 (1) pp. 151-164.

Libros

Bullo, Francesco; Cortés, Jorge; Martínez, Sonia (2009). Distributed Control of Robotic Networks: A Mathematical Approach to Motion Coordination Algorithms. Princeton University Press, ISBN 9781-4000831470. Zhu Minghui: Martínez, Sonia (2015). Distributed Optimization-Based Control of Multi-Agent Networks in Complex Environments. Springer Briefs in Electrical and Computer Engineering: Control, Automation and Robotics. Springer.

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Carlos III de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Roboticistas

Ligazóns externas Páxina persoal Sonia Martínez Díaz publicacións indexadas por Google Scholar