O río Lech é un afluente pola dereita do río Danubio en Austria e Alemaña.
Cunha lonxitud de 285 km, a súa cunca abarca os 3 919 km 2.table of the Bavarian Waterbody Register by the Bavarian State Office for the Environment .
Orixínase no estado austríaco de Vorarlberg, atravesa o Tirol e desemboca no Danubio en Baviera (atravesando as rexións de Suabia e Alta Baviera).
É o afluente alemán máis importante do Danubio, despois do río Eno.
No Lech hai 30 centrais hidroeléctricas e 24 encoros.
As maiores cidades nas beiras do río Lech son Landsberg am Lech e Augsburgo.
Etimoloxía Inscricións dos séculos VII e VIII a.C. demostran que o nome do río se menciona por primeira vez no nome da tribo celta Licates. O propio río chámase Likios ou Likias no século II. Ao redor do ano 570 o nome Licca aparece rexistrado. No século VIII apareceron nomes como Lecha e Lech. O termo Licus aínda se usaba en 1059.
A palabra Lech provén do termo latino Licus, e este do celta Lik. Estas dúas palabras significan "que é rico en pedras", o que se pode ver aínda hoxe.lech (n.1) no Online Etymology Dictionary.Wolf-Armin Freiherr von Reitzenstein (2006): Lexikon bayerischer Ortsnamen. Oberbayern, Niederbayern, Oberpfalz. Munich: C. H. Beck. ISBN 978-3-4065-5206-9.
Historia En máis dunha ocasión prodicíronse acontecementos históricos nas beiras deste río. En 278 o emperador romano Probo venceu a unha gran tropa de invasores de burgundios e vándalos, que asaltaran a provincia romana de Recia. En Lechfeld, unha chaira pedregosa entre os ríos Lech e Wertach preto de Augsburgo, o emperador do Sacro Imperio Odón I derrotou aos maxiares en agosto de 955. Na batalla do río Lech, en abril de 1632, Gustavo II Adolfo de Suecia derrotou e feriu de morte a Johann Tserclaes, conde de Tilly, mestre de campo que comandou as forzas hispano-imperais durante a guerra dos Trinta Anos.
Galería
Notas
Categoría:Ríos de Alemaña Categoría:Ríos de Austria