A catedral de Tampere (en finés Tampereen tuomiokirkko e en sueco Tammerfors domkyrka) é un templo de culto evanxélico-luterano situado na cidade de Tampere (Finlandia). A catedral foi construída entre os anos 1902 e 1907 no barrio de Jussinkylä. Antes de 1923, cando se converteu na catedral da diocese de Tampere, a igrexa era coñecida como igrexa de San Xoán. A igrexa arquitectonicamente significativa foi deseñada por Lars Sonck, que tivo como modelos deseños como o da igrexa de Finström, situada no municipio homónimo nas illas Åland. A igrexa, así como o conxunto das súas obras de arte son representativas do estilo romántico nacional.

O templo está rodeado por un parque chamado Tuomiokirkonpuisto (en galego Parque da Catedral).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web da Tampere Seurakunta

Catedral