O século XX supuxo para as mulleres a consecución dos dereitos de cidadanía polos que algunhas, primeiro de forma individual e máis tarde a través de asociacións, pelexaron a partir da Revolución Francesa. A consecución deses dereitos fundamentais, como o voto, o divorcio, á custodia dos fillos, á propiedade, á educación e á abolición da dobre moral sexual, entre outros, foi un largo camiño con resultados desiguais e grandes diferenzas entre uns países e outros. Pero ao longo do século fóronse conseguindo eses dereitos na maioría dos países, polo menos nos do considerado primeiro mundo, aínda que as veces se quedaran máis no aspecto formal que no real. alt=Florence Wallace Pomeroy, loitadora polos dereitos das mulleres.|miniatura|Florence Wallace Pomeroy, loitadora polos dereitos das mulleres.

Introdución O século XX foi un século extremadamente convulso a nivel político, con dúas guerras mundiais e que se mantivo dividido durante máis de corenta anos en dous bloques —liderados polos EEUU e a URSS— enfrontados nunha tensa guerra fría que finalizou coa desaparición do bloque soviético. Non obstante, se hai algo que caracterizou este século foi o gran desenvolvemento experimentado, sobre todo nos países do primeiro mundo, que levou a un gran crecemento económico, que se iniciou despois da I Guerra Mundial pero que se acelerou despois da II Guerra Mundial. Tamén foi un século no que colectivos sociais tradicionalmente carentes de dereitos políticos e sociais, como as mulleres ou os membros de colectividades raciais non dirixentes, foron consolidando dereitos como o dereito ao voto ou á educación e se foron incorporando á vida social, laboral e política. Neste tempo a ciencia, e da súa man a tecnoloxía, experimentaron un crecemento sen precedentes. Estes progresos da ciencia e a tecnoloxía fixeron que a forma de vida da poboación, sobre todo nos países desenvolvidos, experimentase un cambio radical. A isto contribuíu de maneira moi importante un invento do século anterior, debido a dous matemáticos: Charles Babbage, coa súa máquina analítica, e Ada Byron, coa programación informática. Innovacións técnicas, científicas e industriais como os antibióticos, os automóbiles, a aviación, a electricidade doméstica, as fibras sintéticas, internet, os ordenadores, a radio, os satélites de comunicacións, os sistemas de localización, a telefonía fixa e móbil, a televisión, ou as novas técnicas de exploración clínica, levaron a novas formas de vida totalmente impensables séculos atrás. A ciencia e a tecnoloxía do século XX aportaron á sociedade unha maior calidade de vida, con melloras na saúde, incremento da lonxevidade, maior nivel de educación e novos modos de vida, consecuencia da urbanización e o aumento do consumo e dos bens de servizo. Para as mulleres isto supuxo unha transformación do traballo do fogar e da maternidade, permitíndolles unha maior participación na vida social. Aínda que con bastante atraso respecto aos homes, o século XX supuxo para as mulleres dos países desenvolvidos, e nalgunha medida tamén dos países en desenvolvemento, o acceso á modernidade, co acceso masivo das mesmas a tódolos niveis da educación e ao traballo remunerado, a pesar da desigualdade de oportunidades no acceso á educación e a desigualdade salarial nos empregos.

Neste século fixéronse grandes progresos en alfabetización da poboación. A demanda de prazas escolares de secundaria, e sobre todo, de educación superior multiplicouse, e aumentou considerablemente a poboación que empezou a cursar eses estudos. A ensinanza universitaria, que fora insignificante antes da Segunda Guerra Mundial (1939-1945) excepto nos Estados Unidos (en Alemaña, Francia e Inglaterra, tres dos países máis cultos do mundo, os estudantes universitarios eran apenas un 1 por 100 da súa poboación antes de 1939), experimentou un grande auxe. A finais dos oitenta os estudantes universitarios contábanse por millóns en Francia, a República Federal de Alemaña, Italia, España e a parte europea da URSS. alt=Anfiteatro da Universidade da Sorbona. París|esquerda|miniatura|Anfiteatro da Universidade da Sorbona. alt=Real Colexio de España en Boloña. Antecámara Real|miniatura|Real Colexio de España en Boloña. Durante o século XX conseguiuse o acceso á ensinanza superior para as mulleres, que fixeron a súa entrada cun grande empuxe neste nivel. Nos inicios do século, a loita polo acceso das mulleres ás universidades e á ciencia foi un obxecto secundario que só formulaban algúns colectivos feministas e considerábase un "capricho de ricas". Esta loita, que xa se tiña iniciado nalgunhas universidades a mediados do século anterior, levantou unha fronte común contra tal ousadía. As universidades, consideradas bastións inexpugnables do poder e saberes masculinos, resistíronse durante moitos anos a esta pretensión das mulleres, pero o seu comportamento foi moi distinto dependendo dos lugares. Así, mentres que as universidades de Zürich e París foron das que menos resistencia presentaron á entrada de mulleres, permitindo o seu ingreso dende mediados do século XIX, en España nesa época as aspirantes tiñan que solicitar un permiso especial ao ministro, ata que en 1910 a lei Burrell permitiu o libre acceso das mulleres á universidade, se ben algunhas universidades politécnicas resistíronse ata case que mediados de século á entrada de mulleres nas súas aulas. O caso de Gran Bretaña é especialmente significativo, pois a pesar de ser o lugar no que as mulleres iniciaron a loita para entrar na universidade, foi o país europeo onde máis tardaron en conseguilo, xa que a lei de autonomía universitaria dese país fixo que houbese que conquistar o dereito de maneira individual en cada unha delas. As máis remisas a admitir mulleres foron as universidades de maior prestixio, especialmente as de Oxford (que non o permitiu ata 1920) e Cambridge (que en 1945 o permitiu, pero con limitacións no acceso de mulleres ata a década de 1970 onde o acceso xa foi totalmente libre), e dentro delas os colleges máis remisos á admisión de mulleres foron "casualmente" aqueles que no seu día se beneficiaron economicamente da expropiación dos conventos de monxas trala creación da Igrexa anglicana no século XVI. Pero o último reduto no veto ao acceso de mulleres á universidade foi o Colexio de España de Boloña, que mantivo a exclusión das mulleres ata xullo de 2020 —por ser estas, en palabras do seu fundador, o cardeal Gil de Albornoz, "cabeza do pecado e arma do demo".

As matemáticas, como o resto das ciencias e das forzas produtivas, experimentaron durante o século XX unha grande expansión. Dende principios de século, considérase que o número de persoas dedicadas ás matemáticas se duplica cada 10-15 anos e cada 10 anos duplícase o número de publicacións matemáticas. Ao final do século XX a matemática era unha ciencia asentada con éxito en todo o mundo, en estreita relación con tódalas esferas da vida social e do resto das ciencias, o que fixo dela unha ciencia extremadamente ramificada e sumamente extensa á que contribuíron, cun peso cada vez maior a medida que avanzaba o século, gran número de mulleres matemáticas. alt=Mileva Maric en 1912|miniatura|182x182px|Mileva Maric alt=Amalie Emmy Noether|esquerda|miniatura|160x160px|Amalie Emmy Noether Xa nos inicios do século XX atópanse en Centroeuropa matemáticas brillantes, como Mileva Marić (1875-1948). Sen ela non tería visto a luz a teoría da relatividade, polo menos no momento no que o fixo, ao ser ela peza imprescindible na elaboración dos fundamentos matemáticos da mesma. Traballo que logo, unha vez que Mileva se separou de Einstein, continuou Amalie Emmy Noether (1882-1935). Esta muller, considerada a persoa máis brillante no campo das matemáticas do século XX, tivo que loitar primeiro para poder estudar e, unha vez titulada, traballar durante moitos anos sen soldo, impartindo clases en nome de outros, ata que conseguiu un pequeno salario, moi inferior ao dos seus compañeiros ou incluso inferior ao dos seus propios discípulos. E cando xa tiña consolidada a súa posición profesional na Universidade de Gotinga, tivo que fuxir do país pola súa orixe xudía. Destaca polas súas achegas en física teórica e álxebra abstracta, área das matemáticas que revolucionou totalmente. alt=Euphemia Haynes en 1914|miniatura|197x197px|Euphemia Haynes alt=Gertrude Blanch, aos 38 anos|esquerda|miniatura|178x178px|Gertrude Blanch alt=Ida Rhodes|esquerda|miniatura|161x161px|Ida Rhodes alt=Mary Lucy Cartwright|miniatura|153x153px|Mary L. Cartwright alt=Rózsa Péter, matemática húngara|miniatura|127x127px|Rózsa Péter alt=Julia Robinson, en 1975|esquerda|miniatura|154x154px|Julia Robinson Pero no século XX onde irrompen en masa unha gran cantidade de mulleres matemáticas é nos EEUU. Alí foron moitas as que destacaron en matemática aplicada, pero tamén en matemática pura ou xestión da educación. Entre elas cabe sinalar a Euphemia Haynes (1890-1980) primeira muller afroamericana en conseguir un doutoramento en matemáticas. Loitou durante toda a súa carreira profesional contra a segregación racial e por unhas mellores condicións nas escolas públicas. Tamén destaca nese tempo Gertrude Blanch (1897-1996) pioneira en análise numérica e posteriormente en computación mecánica. Converteuse, en 1938, en directora técnica do Mathematical Tables Project, proxecto da axencia Works Progress Administration para o cálculo de táboas de funcións matemáticas. A ucraína-estadounidense Ida Rhodes (1900-1986) uniuse en 1940 ao Proxecto de Táboas Matemáticas, onde traballou baixo a dirección de Gertrude Blanch, que foi a súa mentora. Con posterioridade fixo importantes achegas en programación informática: pioneira na análise de sistemas de programación, coa programadora Betty Holberton deseñou a linguaxe de programación C-10 para a UNIVAC I a principios dos anos 50. Tamén deseñou o ordenador orixinal da Administración do Seguro Social. Da mesma época, pero de Inglaterra, é Mary Lucy Cartwright (1900-1998). Os seus traballos iniciais en optimización de funcións abriron o camiño á teoría fractal, e os seus traballos en ecuacións diferenciais iniciaron a teoría do caos. Leva o seu nome o teorema de Cartwright sobre máximos de funcións. Foi unha das primeiras que conseguiu recoñecemento en vida polo seu importante traballo matemático. Galardoada con numerosas distincións: primeira muller matemática en ingresar na Royal Society (1947), primeira muller en presidir a Sociedade Matemática de Londres (1961), a raíña nomeouna en 1969 comandante do Imperio británico. E xa nadas no século XX, Rózsa Péter (1905-1977) matemática húngara coñecida polos seus traballos sobre a teoría de funcións recursivas. É autora de Playing with Infinity: Mathematical Explorations and Excursions, traducido polo menos a 14 idiomas, e de Recursive Functions in Computer Theory. Case coetánea é a austríaca Olga Taussky Todd (1906-1995). Os seus traballos en teoría de grupos e teoría de matrices foron de vital importancia para o desenvolvemento dos ordenadores. Esta matemática tamén foi das que facilitou durante toda a súa vida a incorporación de xoves matemáticas ao ensino superior e á investigación. A italiana Emma Castelnuovo (1913-2014) foi referente en didáctica da matemática durante toda a segunda metade do século XX, e unha das responsables da introdución das “Matemáticas Modernas” en tódolos niveis do ensino. Julia Robinson (1919-1985) destacou en lóxica e cuacións diofánticas, e xogou un papel primordial non só na resolución dun dos problemas do milenio, o 10º, senón tamén no acercamento entre a URSS e os EEUU, polo menos no eido científico. Tamén fixo importantes achegas á teoría de xogos nos seus inicios. Mary Ellen Rudin (1924-2013), que estimulou a investigación en Topoloxía durante máis de vinte anos, é recoñecida polas súas construcións e contraexemplos a célebres conxecturas, a máis coñecida delas é o espazo de Dowker. esquerda|miniatura|Dúas programadoras do ENIAC