Frisinga, en alemán Freising, do latín Frisinga,Arcidiocesi di Monaco e Frisinga (italiano), Archidioecesis Monacensis et Frisingensis (latín), no Dicionario italiano-latín en liña. é unha cidade da Alta Baviera situada a uns 30 km ao norte da capital do estado libre de Baviera, Múnic, en Alemaña, á beiras do río Isar, a tan só 10 km do aeroporto de Múnic.
Ten unha superficie de 88,61 km², unha altitude media de 448 msnm e unha poboación total de 49 126 habitantes en 2020.
Frisnga é a cidade máis antiga situada entre Ratisbona e Bolzano, e está dominada por dous outeiros, o outeiro da catedral, co castelo do bispo e a catedral de Frisinga, e o outeiro Weihenstephan, coa abadía de Weihenstephan e a súa famosa fábrica de cervexa.
Frisinga é unha das cidades con menor índice de paro de Alemaña, debido ao gran número de persoas da cidade que traballan no aeroporto de Múnic.
Frisinga é tamén a sede da cervexaría máis antiga do mundo, fundada no ano 1040 polos monxes beneditinos co nome de Bayerische Staatsbrauerei Weihenstephan. Ademais, foi nesta mesma cidade onde o duque Guillerme IV de Baviera ditou en 1516 a Lei de pureza da cervexa, na que se prohibía aos cervexeiros empregar outros ingredientes que non fosen cebada, lúpulo e auga na produción de cervexa.
Outro personaxe importante da cidade foi o seu bispo Odón de Frisinga, que pontificou de 1138 a 1158, e que durante a época da Querela das Investiduras entrou en conflito coa familia Wittelsbach, pero debido á súa relación co emperador do Sacro Imperio, mediou con éxito nas disputas entre os Hohenstaufen e os güelfos.
Por outra parte, Frisinga foi tamén o primeiro lugar no que se rexistrou un tornado en Europa.in 788.Dr. R. Hennig, Katalog bemerkenswerter Witterungsereignisse. Berlin 1904; Originalquellen: Aventinus (Turmair), Johannes (gest. 1534): Annales Boiorum. Mit Nachtrag. Leipzig 1710; Annales Fuldenses, Chronik des Klosters Fulda. Bei Marquard Freher: Germanicarum rerum scriptores ua Frankfurt aM 1600–1611)"Tornadoliste Deutschland". Lista meteorolóxica alemá de tornados documentados.
Historia Descubrimentos arqueolóxicos demostraron que a zona se poboou na Idade de Bronce, aínda que non se atoparon probas que suxiren un asentamento continuo até o século VIII d.C., Frigisinga. Corbiniano de Frisinga, San Corbiniano (ca. 670 - ca. 730) un bispo franco, foi un evanxelizador dos bávaros. Corbiniano foi enviado ao territorio gobernado polo duque franco de Baviera Grimaldo I. Corbiniano probabelmente chegou á daquela capital do Ducado de Baviera, Frisinga, instalándose nun santuario que xa existía alí en 724, onde erixiu unha escola e un mosteiro beneditino, que chegou a ser dirixido polo seu irmán Eremberto, despois da súa morte. Foi o precursor da diocese de Frisinga. O 20 de novembro, conmemorando o traslado da súas reliquias de Merano (Italia) a Frisinga celébrase alí unha gran procesión protagonizada sobre todo por mozos. En 738, cando Bonifacio de Maguncia (San Bonifacio) regulou a estrutura eclesiástica do Ducado de Baviera, mediante a creación de catro dioceses sufragáneas do arcebispado de Maguncia (entre elas o bispado de Frisinga), Eremberto foi elixido primeiro bispo de Frisinga.
Segundo a súa Vita, redatada polo bispo Arbeo de Frisinga, ordenou a un oso que levase a súa equipaxe a través dos Alpes despois de que matara ao seu cabalo. O oso enselado segue sendo o símbolo da cidade, amosado no se escudo de armas. Aínda que a sede da diocese foi trasladada a Múnic en 1821, incluída a elevación a arquidiocese, Freising permaneceu até hoxe como sede da administración da diocese.
Entre 764 e 783, o bispo Arbeo fundou unha biblioteca e un scriptorium na abadía. O asentamento comezou a converterse nun centro relixioso. Dise que os restos mortais do papa Alexandre I foron trasladados a Frisinga en 834.
En 996, Frisinga recibiu ss dereitos como cidade do emperador so Sacro Imperio Odón III. Porén, despois da «... destrución da ponte episcopal, a alfándega, a ceca e as salinas preto de Oberföhring polo duque Henrique o León, que trasladou as casas da alfándega e o lugar da ponte á parte alta de Oberföhring, colocándoas na localidade de Múnic nas beiras do Isar», en 1158, Frisinga comezou a perder a súa importancia económica. En 1159 construíuse a catedral románica (cunha notábel columna de animais na cripta).
Durante a mediatización e secularización dos territorios soberanos pertencentes a bispados, abadías e ordes relixiosas, proceso que aconteceu en Alemaña entre 1795 e 1814, un período marcado polo final da Revolución francesa, o nacemento e a desaparición do Primeiro Imperio francés e pola subseguinte descomposición (causada poa vitoria deste sobre Austria) do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tivo como consecuencia a creación e desaparición do seu estado substituto, monicreque de Napoleón Bonaparte, a Confederación do Rin.Whaley, J. (2011): Germany and the Holy Roman Empire (1493–1806). Volune I. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1996-8882-1.John G. Gagliardo (1991): Germany Under the Old Regime, 1600–1790. Harlow, UK: Longman Publishing Group. ISBN 978-0-5824-9106-9.
Como consecuencia, en 1803, a Igrexa católica perdeu a maioría das súas propiedades e a autoridade na cidade. Nese ano a comunidade relixiosa de Weihenstephan deixou de existir, e pasou todos os seus dereitos, capitais e propiedades ao Reino de Baviera.
Este transformou a cervexaría de Weihenstephan na "Real Cervecexaría Bávara de Weihenstephan" e nun "Instituto de Agricultura". A cervexaría transformouse nunha escola para cerveceiros en 1919 e, na actualidade, é a "Facultade Cerveceira, de Alimentos e Lácteos da Universidade de Múnic".
Por ouro lado cómpre sinalar que, desde 1946 até 1951, o futuro papa Bieito XVI estudou Teoloxía católica e Filosofía na Universidade de Teoloxía e Filosofía de Frisinga.
Educación En Frisinga están os seguintes centros educativos: Educación secundaria Camerloher-Gymnasium Freising Dom-Gymnasium Freising Josef-Hofmiller-Gymnasium
Edicación universitaria Hochschule Weihenstephan-Triesdorf TU-München Weihenstephan
Cidades irmandadas Frisinga está irmandada con:
Arpajon, Francia (1991) Innichen, Italia (1969) Maria Wörth, Austria (1978) Obervellach, Austria (1963) Škofja Loka, Eslovenia (2004) Waidhofen an der Ybbs, Austria (1986)
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hubert Glaser, ed. (2002): Freising wird bairisch. Regensburg: Schnell & Steiner. ISBN 3-7954-1506-3. Sigmund Benker & Marianne Baumann-Engels (1989): Freising. 1250 Jahre geistliche Stadt, 739-1989. Ausstellung zum Bistumsjubiläum im Diözesanmuseum Freising. Katalog und Schriften. München: Wewel. ISBN 3-879-04162-8. Peter Hacker (2002): Freising Was die Stadt im 20. Jahrhundert bewegte. Passau: Stutz. ISBN 3-8884-9111-8. Joachim Hamberger, ed. (2007): Papst Benedikt XVI. in Freising. Freising: Freisinger Verlag. ISBN 978-3-0002-1226-0.
Outros artigos Ducado de Baviera Primeiro ducado de Baviera Odón de Frisinga
Ligazóns externas Páxina web oficial Fotos de Frisinga Bayerische Staatsbibliothek (Biblioteca do Estado de Baviera) Guten Tag aus Freising Ola desde Freising en Stadtportal-Freising Monasterio de Weihenstephan, la cervecería más antigua del mundo. El monasterio benedictino de Weihenstephan es la cuna de la cerveza
Categoría:Cidades de Baviera