Tasilón de Baviera, nado en 560 e finado en 610,Foundation for Medieval Genealogy foi o segundo duque de Baviera desde o 591 até a súa morte.

Traxectoria Tasilón era membro da familia dos axilolfingos, probabelmente fillo de Garibaldo, primeiro duque de Baviera, e de Waldrada, filla de Wacho, o oitavo rei longobardo da Lombardía.

Non se sabe con certeza a relación entre Tasilón e Garibaldo, sábese soamente que seguramente non eran pai e fillo, porén tiñan unha estreita relación familiar. Ningún documento dá o nome do pai de Taslón I, pero como é pai de Garibaldo II e sucedeu a Garibaldo I, que tivo outros fillos, considérase que Tasilón I era o fillo máis vello de Garibaldo I.

Pouco se sabe deste duque. Paulo Diácono, na súa Historia Langobardorum só o menciona dúas veces, en 591, cando Childeberto II, rei dos Francos de Austrasia ao final da guerra contra os francos, o entronizou como rei de Baviera, e no 609, ano da súa morte, asasinado polos eslavos que invadiran Baviera.

A guerra entre francos e bávaros comezara co predecesor de Tasilón, o seu suposto pai Garibaldo, cando Childeberto non aceptou concertar certos matrimonios políticos para manter a paz.

O feito de que Childeberto nomeara a Tasilón rei, demostra que o control de Baviera estaba en manos dos francos desde o século VI.

Paulo Diácono narra ademais que Tasilón expandiu rapidamente o seu territorio cara a terras eslavas.

Tasilón morreu o ano 610 e foi sucedido polo seu fillo Garibaldo II.

Descendencia Dunha esposa descoñecida, tivo un fillo, Garibaldo II (falecido en 640), que o sucedeu.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Christian Settipani (1989): Les Ancêtres de Charlemagne París: Editions Christian. ISBN 2-9064-8328-1.

Outros artigos Dinastía Axilolfinga Primeiro ducado de Baviera

Categoría:Dinastía Axilolfinga Categoría:Nobres de Alemaña Categoría:Nados en 560 Categoría:Finados en 610