A Casa do Comercio (en finés Commercen talo) é un inmoble residencial e comerciial de estilo Art Nouveau temperán da cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, na rúa Hämeenkatu e no bordo de Keskustori, na zona chamada Jugendtori. A súa construción fnializou en 1899 e foi obra do estudo Andersin, Jung ja Bomanson (aarquitectos Bertel Jung, Waldemar Andersin e Oscar Bomanson). O nome do edificio vén da palabra francesa para "comercio".
Durante moito tempo o edificio acolleu o Hotelli Central, fundado en 1907. O nome do hotel cambiou posteriormente a Centrum. Ata 1983 operou na Casa do Comercio a Ensimmäinen apteekki (Primeira Farmacia) e posteriormente, o 14 de decembro de 1984, abriu o primeiro McDonald’s de Finlandia. Durante un curto espazo de tempo, entre 1983 e 1984, acolleu un Burger King. En maio de 2010 houbo un incendio provocado por unha freidora de McDonald's. Os traballos de reparación logo do incendo prolongáronse durante dous anos e McDonald’s reabriu de novo en 2012. A finas de 2015 McDonald’s pechou o seu restaurante e a principios de 2016 a cadea de hamburgueserías finlandesa Friends & Brgrs abriu un novo restaurante.
Notas
Categoría:Edificacións de Tampere