Stourbridge é unha localidade pertencente á cidade metropolitana de Dudley, no condado das Midlands Occidentais, Inglaterra. Historicamente parte de Worcestershire, Stourbridge foi un centro importante na fabricación de vidro, e na actualidade inclúe os suburbios de Amblecote, Lye, Norton, Oldswinford, Pedmore, Wollaston, Wollescote e Wordsley. A lingua oficial dentro da localidade é o inglés.
A poboación, tal e como rexistrou o censo de 2001 do Reino Unido, era de 55.480, incrementando a 63.298 no censo de 2011.
Notas
Categoría:Stourbridge