O baile da regueifa é unha danza tradicional galega derivada da muiñeira vella. Bailábase nos casamentos, habitualmente os noivos ou padriños, coa finalidade de repartir un bolo de pan (a regueifa) entre a veciñanza. Este molete de pan era portado pola bailadora sobre a cabeza durante a danza e repartido entre os presentes finalizada esta, nun ritual que simbolizaba a aceptación do novo casal entre a comunidade.
Estrutura
Malia existiren múltiples variantes, dependendo do informante e da súa zona de procedencia, a evolución máis documentada da cerimonia sería a seguinte: Finalizada a cerimonia relixiosa os noivos trasladábanse cos seus convidados á casa onde se celebraba o banquete nupcial. Cara ao serán, os veciños non convidados ao xantar acudían á porta da casa dando vivas aos noivos e iniciando cantigas para reclamar a regueifa, o tradicional pan da voda. Desde dentro da casa os convidados respondían a estas coplas con outras, nun desafío de enxeño verbal denominado tamén regueifa. Este proceso de intercambio de cantigas podía chegar a durar horas e, malia a intención festeira, rematar nunha agarrada violenta. Concluída a regueifa verbal, sacábase do interior da casa o pan da voda, máis ou menos adornado segundo os lugares. Era este tradicionalmente elaborado pola madriña, e valorábase moito o seu tamaño e que fose feito de fariña de trigo, un alimento de luxo durante o antigo réxime.Sobrado Correa (2000). pp.667-669 Os noivos, os padriñosPadriños de voda bailando a regueifa. Foto Ramón Caamaño (1956). ou outra parella na súa representación, iniciaban entón o baile da regueifa. Acompañados de canto e pandeiretas danzaban unha muiñeira vella a un ritmo pausado. A muller portaba na cabeza o molete de pan, pasandoo a metade do baile ao home nalgunhas zonas. A danza esixía dunha boa técnica e coidado, pois se este caía da cabeza da bailadora considerábase unha deshonra e un sinal de mal augurio para os acabados de casar.
Finalizada a danza o pan repartiase entre os asistentes, nunha cerimonia de irmandade na que, simbolicamente, o novo casal era aceptado na comunidade.Sobrado Correa (2000). p.671-672
Variantes esquerda|miniatura|240x240px|Bailadora coa Regueifa. Descoñécese o momento no que comezou a tradición de bailar a regueifa nas vodas galegas. Algúns estudosos estiman que o baile é máis antigo que a regueifa cantada. Na cerimonia, coma noutros costumes recuperados a través de noticias orais, atópanse diferentes variantes dependendo dos informantes e do seu lugar de procedencia.
Nalgunhas zonas indícase que o baile tiña lugar despois do banquete nupcial, noutras que se facía á saída da misa antes de entrar ao convite. Nalgúns lugares afirmase que tiña lugar o día anterior a voda, pois daquela os casamentos podían durar varios días.
Existen tamén diferentes versións sobre as persoas que bailaban a regueifa, podían ser os propios noivos ou outra parella na súa representación, a miúdo os padriños do casamento. Existe unha coñecida fotografía do ano 1956, realizada polo fotógrafo muxián Ramón Caamaño, na que aparecen os padriños da voda bailando a regueifa diante da comitiva nupcial. Tamén se conserva outra, de finais do século XIX, no que catro parellas bailan a regueifa ao tempo.
Asemade, a entrega da regueifa ofrece tamén múltiples versións, recolléndose en ocasións o costume de "voltear a regueifa" antes de rendela. Metíase esta nun pano que agarraba unha parella coa boca, cada un por un extremo. Así sostida dabaselle voltas, gañando o premio a parella que máis xirase o pano sen lle caer. Refírese tamén a tradición de entregar a regueifa como trofeo a quen mellor improvisara no canto, sendo o vencedor o encargdo de efectuar o repartimento entre a concorrencia. Noutros lugares facíase un concurso de baile arredor da regueifa gañandoa o bailador que executara os puntos máis arrevesados.Sobrado Correa (2000). pp. 670-671 Existen tamén referencias á chamada "carreira da regueifa", unha corrida entre a mocidade na que gañaba o pan o mozo máis veloz.
O momento de "partir a regueifa" era un momento crítico no festexo, no que non eran infrecuentes as liortas entre os asistentes.
Recuperación A celebración da regueifa conservouse viva, aínda que xa precariamente, até a década de 1970. Durante todo o século XX, a cerimonia espertou o interese das asociacións culturais vinculadas ao baile e a música tradicional. A danza foi recreada fóra do seu contexto orixinal en espectáculos e representacións destes grupos folcĺóricos. Os pioneiros foron os coros galegos de comezos de século, como a Agrupación Artística de Vigo e o orfeón ferrolán Toxos e Froles. Máis adiante, outras agrupacións como as históricas agrupación folclórica Aturuxo da Coruña ou a compostelá Cantigas e Agarimos recolleron a testemuña na divulgación do baile. Na actualidade este fai parte do repertorio de moitos dos grupos modernos de baile tradicional, existindo hoxe mesmo obradoiros específicos sobre o baile e tentativas de que este recupere o seu contexto orixinal, os casamentos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Muiñeira vella Regueifa (cantar) Regueifa (pan de voda)
Ligazóns externas
Desde Mazaricos cóntannos a orixe das Regueifas (A.C. Retrouso de Cela) - A revista (22/01/2019) - TVG. Fragmento do espectáculo "Hoxe hai regueifa - Voda Rianxeira" (A.C. Fogo Fatuo) - Luar (06/2018) - TVG - Youtube. Grupo de baile Xacarandaina [..] - Le Grand Spectacle - Festival Interceltique Lorient (08/2019) - Youtube.
Categoría:Muiñeira Categoría:Baile tradicional galego Categoría:Etnografía galega