Albert Sacco Jr., nado en Boston, Massachusetts, o 3 de maio de 1949, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-73.

Traxectoria Sacco graduouse en enxeñería química pola Universidade do Nordeste en Boston en 1973 e ten un doutoramento na mesma materia polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1977. Participou na misións STS-73 como especialista de carga, pasando un total de 15,91 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-73

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Massachusetts