Karel O. Castelin, nado o 2 de maio de 1903 en Dubá, República Checa, e finado o 14 de agosto de 1981 en Praga, foi un numismático checo.

Traxectoria

Karel Castelin naceu na vila de Dubá, na rexión setentrional checa de Liberec, fillo do avogado Benno Castelin e proveniente dunha familia de funcionarios austríacos.Geiger, H-U. (1982) .

Malia a súa afección temperá pola numismática, primeiro como coleccionista e despois como científico e investigador, a súa vida laboral transcorreu na factoría de aceiro de Kladno, preto de Praga, onde traballou como directivo ata a súa xubilación en 1971.

Paralelamente á súa profesión, realizou os seus estudos superiores na Universidade Carolina de Praga, onde se doutorou en Historia Antiga, Arqueoloxía e Numismática coa tese titulada The coinage of Rhesaena in Mesopotamia, non publicada ata 1946 por cuestións políticas.Véxase (1946) en "Publicacións".

As súas obras abordan aspectos moi variados da numismática, mais son dous os focos fundamentais: por unha banda as cuñaxes de Bohemia na baixa Idade Media e por outra parte a numismática celta. Neste último ámbito abordou toda a moeda celta desde unha perspectiva xeral e cunha metodoloxía científica como ninguén o fixera ata o momento, e foi recoñecido internacionalmente como unha autoridade nesa materia.Colbert de Beaulieu, J. B. (1959). "Chronique de numismatique celtique. IV. Tchécoslovaquie". En Études celtiques. 1959. 8-2. Páxinas 453-455.

Un dos seus proxectos máis salientables, xa na súa derradeira etapa, foi a catalogación da colección de moeda celta do Museo Nacional Suízo de Zúrich, que se publicou en 1978.Véxase (1978) en "Publicacións".

No seu país, Castelin dirixiu a Sociedade Numismática Checa e tamén foi membro da comisión numismática do Instituto de Historia Xeral e Checa, da Academia de Ciencias da República Checa. Ademais, fóra das súas fronteiras pertenceu a diversas entidades asociativas e académicas, entre elas a Sociedade Suíza de Numismática, na que ingresou en 1966 e que o nomeou membro de honra en 1972. Tamén a Royal Numismatic Society de Londres o nomeou membro de honra, en 1968."Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.

Recoñecementos (1969): Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). (1978): Premio Derek Allen, da Academia Británica, de Londres."Derek Allen Prize Fund". The British Academy.

Publicacións Esta é unha escolma dos artigos publicados por Karel Castelin nas principais revistas europeas de numismática do seu tempo, así como das súas monografías máis salientables:"Castelin, Karel O. 1902-1981 ". Digital Library Numis."Castelin, Karel O.". WorldCat Identities."Karel Castelin (1903-1981). Bibliographie 1929-1972". Coingallery.de

Artigos (1961). "Les statères arvernes à la lyre". Revue Belge de Numismatique. 107. Páxinas 71-79. Société royale de numismatique de Belgique. (1965). "Le monnayage d'or celtique dans les pays tchèques ". En Revue numismatique. 7. Páxinas 69-78. Société française de numismatique. (1970). "Die Kreuzmünzen in Süddeutschland ". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 49. Páxinas 77-108. (1971). "Die Kreuzmünzen bei den Rätern und den Alaunen". En Schweizerische Numismatische Rundschau . 50. Páxinas 92-124.

Monografías (1946). The coinage of Rhesaena in Mesopotamia. American Numismatic Society, Nova York. (1953). Česká drobná mince doby předhusitske a husitske, 1300-1471. Československé akademie věd, Praga. (1962). Zur Chronologie des keltischen Münzwesens in Mitteleuropa. Bayerische Numismatische Gesellschaft, Múnic. (1965). Die Goldprägung der Kelten in den böhmischen Ländern. Akademische Druck- und Verlagsanstalt, Graz. (1967).Grossus Pragensis: der Prager Groschen und seine Teilstücke. Deutscher Verlag der Wissenschaften, Berlín. (1968). Keltische Numismatik der Rhein- und Donaulande. Erg. Neuausg (con R. Forrer) Akademische Druck- und Verlagsanstalt, Graz. (1971). Pražske groše a jejich díly (1300-1547). Česká numismaticka společnost, Praga. (1971). Die Kreuzmünzen bei den Rätern und den Alaunen. Schweizerische numismatische Rundschau, Berna. (1978). Keltische Münzen: Katalog der Sammlung des Schweizerischen Landesmuseums Zürich. T. Gut, Stäfa. (1985). Keltische Münzen : Katalog der Sammlung d. Schweizerischen Landesmuseums Zürich. 2 Kommentar. Gut, Stäfa. ISBN 9783857170249

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Geiger, H-U. (1982) ."Nekrolog - Nécrologie: Karel Castelin 1903-1981". En Schweizer Münzblätter. Gazette numismatique suisse. 125. Febreiro. Páxinas 21-23.

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Numismáticos da República Checa Categoría:Historiadores da República Checa Categoría:Galardoados co premio Derek Allen Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Alumnos da Universidade Carolina de Praga Categoría:Personalidades sen imaxes