Pieces of a Woman é un filme canadense-estadounidense de 2020 dirixido por Kornél Mundruczó a partir dun guión de Kata Wéber. Está protagonizado por Vanessa Kirby, Shia LaBeouf, Molly Parker, Sarah Snook, Iliza Shlesinger, Benny Safdie, Jimmie Fails e Ellen Burstyn. Martin Scorsese foi un dos seus produtores executivos.

Estreouse o 4 de setembro de 2010 no Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde Kirby gañou a Copa Volpi á mellor actriz. Foi proxectado en cinemas escollidos o 30 de decembro de 2020 antes de lanzarse en liña a través de Netflix o 7 de xaneiro de 2021. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que eloxiou especialmente as interpretacións de Kirby, LaBeouf e Burstyn.

Personaxes Vanessa Kirby como Martha Weiss Shia LaBeouf como Sean Carson Ellen Burstyn como Elizabeth Weiss Molly Parker como Eva Woodward Sarah Snook como Suzanne Iliza Shlesinger como Anita Weiss Benny Safdie como Chris Jimmie Fails como Max Domenic Di Rosa como médico

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kornél Mundruczó Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre violencia doméstica