Os monos capuchinos son monos do Novo Mundo da subfamilia Cebinae. Da familia dos cébidos, agrupan dous xéneros, o Cebus e o Sapajus. Distribúense por América Central e do Sur.

Clasificación É unha das dúas subfamilias da familia Cebidae xunto con Saimiriinae, e incluía só o xénero Cebus, sendo Sapajus un subxénero del, ata que no ano 2011 unha proba xenética revelou que Cebus e Sapajus estaban distanciados xeneticamente abondo como para constituír xéneros diferentes.

Familia Cebidae Subfamilia Cebinae Xénero Cebus Cebus albifrons Cebus capucinus Cebus imitator Cebus kaapori Cebus olivaceus Xénero Sapajus Sapajus apella Sapajus cay Sapajus flavius Sapajus libidinosus Sapajus macrocephalus Sapajus nigritus Sapajus robustus Sapajus xanthosternos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Primate Info Net Cebus Factsheets

Categoría:Cébidos