Frase e fraseo, en música e en teoría da música, son conceptos e prácticas relacionadas coa agrupación consecutiva de notas musicais con sentido musical, tanto na súa composición como na súa interpretación. Unha peza xeralmente componse dunha melodía que, á súa vez, consta de numerosas frases consecutivas.

Frase musical dereita|miniatura|300x300px|Efecto do cambio da barra de compás no acento métrico: as dúas primeiras liñas fronte ás dúas segundas.Newman, William S.: Beethoven on Beethoven. W. W. Norton, 1995, pp. 170-171.  ou Unha frase musical (do grego φράση, frase, expresión, véxase tamén estrofa) é unha unidade de métrica musical que ten un sentido musical completo en si mesma, construída a partir de figuras musicais, motivos e células e combínanse para formar melodías, períodos e seccións máis amplas; ou o fragmento que un cantante ou instrumentista pode interpretar durante unha respiración.Nattiez, Jean-Jacques: Music and Discourse. Princeton University Press, 1990, pp. 157-159.

Este termo, do mesmo xeito que sentence, verso, etc., foi adoptado no vocabulario musical da sintaxe lingüística.Nattiez, Jean-Jacques: Music and Discourse. Princeton University Press, 1990, pp. 157-159. A pesar de que a miúdo se fai a analoxía entre a frase lingüística e a musical, o termo segue sendo «un dos máis ambiguos en música... non existe nin pode existir consistencia na aplicación destes termos... só con melodías de tipo moi sinxelo, especialmente as dalgunhas danzas, pódense utilizar os termos con certa coherencia.»Stein, Deborah: Engaging Music: Essays in Music Analysis. Oxford University Press, 2005.

Edward T. Cone analiza a "típica frase musical" que está formada por un tempo forte do compás ao comezo, un período de movemento e un punto de chegada marcado por un tempo forte cadencial.Winold, Allen: «Rhythm in Twentieth-Century Music». Aspects of Twentieth-Century Music. Prentice Hall, 1975. Charles Burkhart define unha frase como «calquera conxunto de compases (incluíndo un grupo dun, ou mesmo unha fracción dun) que teña un certo grao de integridade estrutural.Stein, Deborah: Engaging Music: Essays in Music Analysis. Oxford University Press, 2005.

Na práctica común as frases a miúdo constan de catro compases que culminan cunha cadencia máis ou menos definida.Nattiez, Jean-Jacques: Music and Discourse. Princeton University Press, 1990, pp. 157-159. Unha frase rematará cunha cadencia máis ou menos resolutiva, dependendo de se se trata dunha frase antecedente ou dunha frase consecuente. A súa representación gráfica nunha partitura é similar á da ligadura e a ligadura de expresión. centro|miniatura|550x550px|Exemplo de ligadura de expresión. O ritmo de frase é o aspecto rítmico da construción de frases e as relacións entre frases e «non é en absoluto unha cuestión tan fácil como podería parecer, senón que é a alma da música e é capaz dunha infinita variedade. O descubrimento do ritmo dunha frase nunha peza é unha porta de entrada á súa comprensión e á súa interpretación efectiva.» O termo foi popularizado por William Rothstein na súa obra Phrase Rhythm in Tonal Music (Ritmo de frase na música tonal). As técnicas inclúen a superposición, o lead-in, a extensión, a expansión, a reinterpretación e a elisión. O acto de dar forma a unha frase durante a interpretación chámase fraseo musical e considérase unha arte.

Fraseo musical O fraseo fai referencia a unha organización expresiva da música e relaciónase coa conformación das notas no tempo. O fraseo alude á forma de tocar as notas individuais pertencentes a un determinado grupo de notas consecutivas; e á maneira en que estas se presentan cun determinado peso e forma que marca as relacións entre elas. Non se refire ás duracións idealizadas das figuras musicais tal como se representan na partitura, senón á multitude de desviacións que o artista pode facer a partir da partitura, para lograr que unha actuación sexa expresiva, conforme a un determinado estilo e conciencia cultural. Un exemplo pode ser unha aceleración dun grupo de notas, pero hai moitos máis. Esta organización de notas é interpretada de forma creativa polo músico co obxectivo de expresar sentimentos e pode ser identificada polo oínte, non só obxectivamente senón na música, como expresión emocional.

Ó tratarse dunha actividade expresiva dos músicos creativos, a pregunta de como dar forma a un grupo de notas no tempo, non pode ser (e non é) especificada exactamente. Giuseppe Cambini escribiu acerca da interpretación musical co violín:

A configuración das notas no tempo, en xeral pódese dicir que é tal, que se expresa o significado ("afectos da alma"). En xeral, os pensamentos musicais particulares aparecen nun grupo de notas que se seguen entre si, formando unha frase, unha parte específica dunha melodía. Estas notas van unidas e entón dáselle forma expresiva á frase melódica. A tensión pódese xerar mediante a aceleración; determinados puntos de xiro expresivo ou énfase que poden formarse alargando as notas (caldeirón); a desaceleración pode utilizarse para pór fin ás frases; o rubato, etc.

En ocasións considérase que o fraseo tamén inclúe outros aspectos da organización da música, á parte do ritmo das melodías, por exemplo a articulación e a dinámica, etc. O fraseo tamén pode estar influenciado pola letra da canción en relación co fragmento de frase musical na partitura.

Enfoque intuitivo e analítico da frase/fraseo Hai dúas maneiras en que a frase ou o fraseo poden ser tratadas: mediante un enfoque intuitivo ou mediante un enfoque analítico.

A miúdo, o método analítico é máis teórico e relaciónase co termo frase (análise dunha frase). Mentres que o enfoque intuitivo está máis relacionado co termo fraseo.

Os problemas relacionados cun enfoque analítico da frase prodúcense en especial cando o enfoque analítico se basea unicamente na procura de información obxectiva ou, como adoita ser o caso, só fai referencia á partitura:

Notas

Véxase tamén Outros artigos Análise musical Cadencia Melodía Motivo musical Riff Ritmo Strain

Bibliografía Copland, Aaron: What to Listen for in Music. Penguin, 2011 . Cómo escuchar la música. Fondo de Cultura Económica, 2008. Corozine, Vince: Arranging Music for the Real World. Mel Bay, 2011. DeLone, Richard: «Timbre and Texture in Twentieth-Century Music». Aspects of Twentieth-Century Music. Prentice Hall, 1975. Kliewer, Vernon: «Melody: Linear Aspects of Twentieth-Century Music». Aspects of Twentieth-Century Music. Prentice Hall, 1975.

Ligazóns externas «Phrasing» Samuel Silas Curry en Lessons in vocal expression. «The Art of Phrasing» (altern.: 1, 2) en Dwight's Journal of Music, 1878. «How to Understand Music: A Concise Course in Musical Intelligence and Taste» William Smythe Babcock Mathews, 1881. «Aspects of phrasing in the context of singing» William Lines Hubbard, en The American history and encyclopedia of music, 1908. «What we hear in music; a course of study in music history and appreciation» Anne Shaw Faulkner, c. 1921. La frase musical:20x20px emisión do 26 de xaneiro de 2020 de El rincón de la teoría, programa de Radio Clásica.

Categoría:Terminoloxía musical