Grimoaldo II (en francés, Grimoald II ou Grimoald de Herstal), chamado o Mozo, finado en 714 en Liexa, foi un nobre franco da familia dos Arnulfianos, que foi mordomo de palacio de Neustria desde o 695 ao 714, de Burgundia desde o 700 ao 714 e duque de Champaña e de Burgundia desde o 708 ao 714.

Traxectoria Era o segundo fillo de Pipino de Heristal e Plectruda. En 695, á morte de Nordeberto, mordomo de palacio de Neustria, instalado por Pipino, Grimoaldo, cando era moi mozo, foi designado polo seu pai para sucedelo.

No 700, o seu pai tamén o nomeou mordomo de palacio de Borgoña.

Finalmente, á morte do seu irmán máis vello Drogo, Pipino o Mozo transmitiulle as súas responsabilidades, as de duque de Champaña e duque de Burgundia.

O 13 de decembro de 710 foi nomeado testemuño nunha doazón feita polo rei Khildeberto IV en favor da abadía de Saint-Denis.

En abril de 714, durante unha viaxe para visitar a tumba de san Lamberto en Liexa, mentres rezaba, foi asasinado por un frisón pagán chamado Rangar, parece ser que ao servizo do seu sogro. A menos que o asasinato se producise na estrada de volta de Liexa, como afirma Pierre Riché.

Unións e fillo Segundo o Liber Historiae Francorum, Grimoaldo tivo primeiro un fillo ilexítimo, Teodebaldo, dunha concubina.Para a discusión de se Teodebaldo era fillo ilexítimo ou lexítimo, ver o artigo Teodebaldo, mordomo de palacio. Despois, tras unha vitoria contra os frisóns, no 711, o seu pai Pipino asinou a paz con Radbod, duque dos frisóns, que se negou a converterse ao cristianismo, pero aceptou que a súa filla Teudesinda fose bautizada e casase con Grimoaldo.

Xenealoxía

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Mourre, Michel (2007): Le Petit Mourre. Dictionnaire d'Histoire universelle Éditions Bordas. ISBN 978-2-0473-2194-2. Riché, Pierre (1983): Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe. París: Hachette (reimpr. 1997). ISBN 2-0127-8851-3. (Ler en liña). Settipani, Christian (1993): La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, vol. 1). Villeneuve-d'Ascq: Éd. Patrick van Kerrebrouck. ISBN 978-2-9501-5093-6. Volkmann, Jean-Charles (199): Bien connaître les généalogies des rois de France. Éditions Gisserot. ISBN 978-2-8774-7208-1.

Outros artigos Arnulfianos Pipino de Herstal

Ligazóns externas Foundation for Medieval Genealogy: 2. Grimoald .

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Mordomos de palacio Categoría:Historia de Francia