Os Arnulfianos son os membros dunha dinastía franca de Austrasia orixinada por Arnulfo de Metz, coñecido como santo Arnolfo de Metz, un bispo franco e conselleiro e mordomo de palacio dos merovinxios de Austrasia, que foi bispo de Metz do 613 ao 626. Esta familia fusionouse coa dos pipínidas polo matrimonio de Ansexiso con Bega, os avós de Carlos Martel, que foi o pai do primeiro rei carolinxio Pipino o Breve.

Os descendentes da liña agnática de Arnolfo de Metz chámanse polo tanto arnolfianos, ou arnulfinxios, até Carlos Martel, a cuxos descendentes denominamos carolinxios. Porén, debido a que os últimos arnulfianos tomaron os seus nomes, gran parte do seu poder e prestixio dos seus antepasados cognáticos, algúns autores chámanos incorrectamente pipínidas.

Xenealoxía

Notas

Véxase tamén Bibliografía Riché, Pierre (1983): Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe. París: Hachette. ISBN 2-0127-8851-3. (Ler en liña). Settipani, Christian (1993): La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, vol. 1). Villeneuve-d'Ascq: Éd. Patrick van Kerrebrouck. ISBN 978-2-9501-5093-6. Volkmann, Jean-Charles (199): Bien connaître les généalogies des rois de France. Éditions Gisserot. ISBN 978-2-8774-7208-1.

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Historia medieval de Francia Categoría:Historia de Francia do século VII