Rubén Perfecto Quintá Quintá, nado en Rubiás (Negrelos, Rodeiro) en 1964 e finado no mesmo concello o 23 de marzo de 2024, foi un gandeiro e político galego do PPdeG.

Traxectoria Gandeiro. Foi tesoureiro da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato número 5 do PPdeG ao concello de Rodeiro, pero non foi elixido. Logo da dimisión do candidato e portavoz do PPdeG José Luis Fernández Fafián en marzo de 2010, entrou a formar parte da corporación municipal e foi nomeado concelleiro de Medio Ambiente.La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 20-3-2010, p. 3. Nas municipais de 2011 ocupou o número 3 na lista popular e foi elixido concelleiro. Foi elixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro en 2012.La Voz de Galicia, Lalín-A Estrada, 8-5-2012, p. 6. Volveu ser elixido concelleiro en 2015, sendo nomeado segundo tenente alcalde e concelleiro de Obras e Servizos; o mesmo que en 2019. Volveu ser reelixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca en setembro de 2020. Logo da dimisión do alcalde Luís López Diéguez para ser delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, foi elixido alcalde de Rodeiro o 6 de marzo de 2021.El concejal de Obras Rubén Quintá sucede a Luis López como alcalde de RodeiroRubén Quintá xura o cargo de alcalde de Rodeiro pondo "no centro de todo" aos veciños Finou en Rodeiro o 23 de marzo de 2024 aos 59 anos.La familia popular de Rodeiro, “devastada” por el fallecimiento de Rubén Quintá

Vida persoal

Casou con Sonia García Diéguez e foi pai de Noelia e José María Quintá Diéguez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rodeiro

Categoría:Alcaldes de Rodeiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Rodeiro Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2024

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes