A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey (en ) é unha novela histórica de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows publicada en 2008. En 2016 foi traducida ao galego pola editorial Rinoceronte. O libro está ambientado en 1946 e é unha novela epistolar, composta de cartas que os personaxes escriben uns aos outros.

En 2018 fíxose unha adaptación cinematográfica na que Lily James fixo o papel protagonista de Juliet Ashton.

Argumento Entre o 8 de xaneiro e o 17 de setembro de 1946 hai un denso intercambio de cartas entre numerosos personaxes, entre os que van xurdindo gradualmente os principais: Juliet Ashton, unha nova escritora de certo éxito e un pequeno grupo de habitantes da illa de Guernsey. A historia que se desenvolve refírese á experiencia vivida polos habitantes da illa durante a Segunda guerra mundial, cando os alemáns ocuparon a illa como posible ponte para a invasión de Inglaterra. Os habitantes tiveron que sufrir unha grave privación material e moral. Evitouse todo contacto con Gran Bretaña, onde todos os nenos foran transportados para estaren a salvo antes da chegada dos alemáns. A pesar da pobreza e tristeza das súas vidas, con todo, aos insulares non lles faltaron momentos de alivio e ledicia, grazas sobre todo á imaxinación e xenerosidade de Elizabeth McKenna, que creou a Sociedade Literaria como pretexto para explicar por que ela e outros tres amigos estaban fóra das súas casas despois do toque de queda.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro na páxina de Rinoceronte Editora O libro na páxina oficial de Annie Barrows A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey no sitio web da BITRAGA. A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey na plataforma de préstamo de obras de GaliciaLe.

Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego Categoría:Rinoceronte Editora