miniatura|Persoa que vota en Riudoms. As eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021 celebráronse o 14 de febreiro de 2021, para elixir o 13ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Cataluña. Nelas elixiranse os 135 asentos do Parlamento. As eleccións foron convocadas para o 14 de febreiro cando se esgotou o termo legal no que o Parlamento de Cataluña tiña que nomear un novo presidente da Generalitat despois da inhabilitación de Quim Torra. O 15 de xaneiro de 2021, por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19 quedou sen efecto a convocatoria e propúxose o 30 de maio de 2021, mais unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña mantivo en vigor a data do 14 de febreiro.
Convocatoria O presidente da Generalitat Quim Torra anunciou a súa intención de disolver anticipadamente o parlamento despois da crise aberta entre Junts per Catalunya e Esquerra Republicana de Catalunya logo da inhabilitación como deputado de Torra o 27 de xaneiro de 2020. Quim Torra anunciou que convocaría eleccións despois que se aprovasen os orzamentos da Generalitat de Cataluña, mais a pandemia de COVID-19 obrigou a adialas. O 28 de setembro, o Tribunal Supremo ratificou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña na cal inhabilitaba Quim Torra por un ano e medio por ter desobedecido a orde da xunta electorial e non despendurar a tempo a pancarta do balcón da Generalitat cun lazo amarelo e a mensaxe “Llibertat presos polítics i exiliats” durante a campaña electoral das eleccións xerais do 28-A.
A falta dun candidato cos apoios suficientes, o presidente do Parlamento, Roger Torrent, propuxo o 14 de febreiro de 2021 como posible data das eleccións. Para iso, pasaron catro días entre a rolda de consultas cos grupos parlamentarios, dende o 1 até o 15 de outubro, e a comunicación formal do seu resultado ao pleno do Parlamento, que foi o 21 de outubro, xa que a lei estabelece dous meses máis de marxe para unha posible investidura con éxito. O termo levou automaticamente, o 22 de decembro, á sinatura e publicación do decreto de disolución do Parlamento e de convocatoria de eleccións que, segundo a normativa, serían ao cabo de 54 días, é dicir, o 14 de febreiro.
Campaña electoral A campaña electoral durou 15 días, dende o 29 de xaneiro até o 12 de febreiro, e malia que o dereito de manifestación e de participación política permite a mobilidade rompendo os confinamentos decretados para facer fronte a pandemia de COVID-19, os partidos do goberno pediron aos cidadáns que só asistisen a aqueles actos realizados no seu concello.
Lemas de campaña A continuación móstranse os lemas de campaña empregados polas candidaturas, tanto na súa versión en galego coma en catalán: 29px Cidadáns-Partido da Cidadanía: Para que gañemos todos / Perquè guanyem tots25px Partit Demòcrata Europeu Català: Se o pensas, PDeCAT / Si t'ho penses, PDeCAT25px Esquerra Republicana de Catalunya: Ao lado da xente / Al costat de la gent25px Partido dos Socialistas de Cataluña: Fagámolo / Fem-ho25px En Comú Podem-Podem en Comú: O cambio que Cataluña merece / El canvi que Catalunya mereix25px Candidatura d'Unitat Popular-Un Nou Cicle per Guanyar: Para gañar / Per guanyar25px Partit Popular/Partido Popular: Unha Cataluña mellor / Una Catalunya millor25px Junts per Catalunya: Xuntos para facer. Xuntos para ser / Junts per fer. Junts per ser25px Vox: Recuperemos Cataluña / Recuperem Catalunya
Notas
Categoría:Eleccións ao Parlamento de Cataluña Categoría:Eleccións celebradas en 2021