Kendal é unha antiga cidade e unha parroquia civil situada no sur do condado de Cumbria, en Inglaterra.

Xeografía Kendal encóntrase nas beiras do río Kent do cal toma en parte o seu nome (Kent-Dale significa val do río Kent). Respecto ao nome, outros autores din que ten unha orixe celta cuxo significado sería o de "val brillante".

Cunha poboación de 28 586 habitantes en 2011, Kendal foi elixida como o mellor lugar para vivir de Inglaterra tras un longo estudo de oito anos emprendido pola Universidade de Strathclyde.

Hoxe en día, Kendal é coñecida principalmente como centro de turismo e como a cidade de orixe do "Kendal mint cake" (torta mint).

Os seus edificios construídos principalmente coa pedra calcaria gris da comarca déronlle o sobrenome de "the Auld Grey Town".

Véxase tamén

Lihazóns externas Kendal en visitcumbria.com . Kendal en english-lakes.com .

Categoría:Vilas e cidades de Cumbria