miniatura|250px|Lanzamento de Samos 10 a bordo dun Atlas Agena B. Samos, acrónimo de Satellite and Missile Observation System e orixinalmente denominados como Sentry e Programa 101, foi unha familia de satélites de recoñecemento da Forza Aérea dos Estados Unidos de América lanzados a principios dos anos 1960.

Características Os satélites Samos foron satélites de recoñecemento fotográfico que usaban o método de retorno da película fotográfica mediante unha cápsula que era recollida en terra. Tiveron unha alta taxa de fallas.

Samos-E1 Os Samos-E1 foron os dous primeiros satélites Samos lanzados, ambos mediante foguetes Atlas LV3 Agena A. O primeiro, lanzado o 11 de outubro de 1960, foi destruído durante o lanzamento polo fallo da segunda etapa do foguete. O segundo, lanzado o 31 de xaneiro de 1961, chegou a órbita e foi o primeiro satélite Samos operativo. Ambos os satélites incluían a carga útil Samos F-1 para probar equipamento de espionaxe de sinais electromagnéticas.

Samos-E2 Só se intentou lanzar un satélite Samos-E2, o 9 de setembro de 1961, mediante un Atlas LV3 Agena B que explotou na rampla de lanzamento.

Samos-E4 Non se chegou a lanzar ningún satélite Samos-E4. Construíronse catro unidades, cada unha cunha cámara de 15,2 cm de distancia focal e unha lente f/5.6. A resolución das fotografías sería de 45 m, pero o programa cancelouse antes de ser lanzados.

Samos-E5 Lanzáronse tres Samos-E5, con dous chegando a órbita e outro fallando por un problema do foguete lanzador. Levaban unha cámara de 1,67 m de distancia focal e unha resolución de 1,5 m.

Samos-E6 Cincos satélies Samos-E6 chegaron a órbita a bordo de foguetes Atlas LV3 Agena B. Foron os últimos membros da familia Samos e levaban unha cámara de 0,7 m de distancia focal cunha resolución de 2,4 m. Dos cinco, só un conseguiu devolver a película fotográfica a terra con éxito. Outros catro Samos-E6 foron construídos pero non lanzados.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSamos 111 de outubro de 1960Atlas LV3 Agena AFalloSamos 231 de xaneiro de 1961Atlas LV3 Agena AÉxitoSamos 39 de setembro de 1961Atlas LV3 Agena BFalloSamos 422 de novembro de 1961Atlas LV3 Agena BFalloSamos 522 de decembro de 1961Atlas LV3 Agena BÉxitoSamos 67 de marzo de 1961Atlas LV3 Agena BÉxitoSamos 726 de abril de 1962Atlas LV3 Agena BÉxitoSamos 817 de xuño de 1962Atlas LV3 Agena BÉxitoSamos 918 de xullo de 1962Atlas LV3 Agena BÉxitoSamos 105 de agosto de 1962Atlas LV3 Agena BÉxitoSamos 1111 de novembro de 1962Atlas LV3 Agena BÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atlas-Agena

Categoría:Satélites artificiais