Gennadi Vasiliievich Sarafanov, nado en Sinenkie (oblast de Saratov) o 1 de xaneiro de 1942 e finado o 29 de setembro de 2005, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 15.

Traxectoria Sarafanov graduouse na Escola Balashov para Pilotos Militares en 1964 e na Academia Militar Gagarin da Forza Aérea en Monino en 1978. Adestrouse como cosmonauta entre novembro de 1965 e decembro de 1967. Participou na misión Soiuz 15 e pasou un total de 2,01 días no espazo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 15

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados no óblast de Saratov