Épafo era fillo de Zeus e a sacerdotisa Ío. Como sexa que a esposa de Zeus, Hera perseguía a tódalas amantes e fillos de Zeus, este, para protexer a Ío, converteuna en vaca branca Esquilo escribe que foi Hera a que converteu a Ío en vaca, para impedir que se unira a Zeus, pero este transformouse en touro (Julia García Moreno en nota a Biblioteca mitológica, nota 6, px. 93).. Pero Hera seguiu tras ela e mandoulle ó xigante Argos Panoptes, de cen ollos, a que a matara, pero este resultou morto por Hermes. Logo, Hera mandoulle un tabán para atormentala, polo que Ío, desesperada, botouse ó mar, que desde entón se coñece como mar Xónico, e escapou nadando ata Exipto, onde pariu nas beiras do Nilo tras recuperar a aparencia humana grazas ós aloumiños de Zeus.
Hera ordenou ós Curetes, sacerdotes guerreiros, que secuestraran e agocharan ó meniño para que Zeus non puidese atopalo. E efectivamente, fixérono tan ben que Zeus non o deu atopado e, aínda que descubriu a manobra e castigou ós Curetes, estes no confesaron o paradoiro do meniño e Zeus acabou matándoos.
Ío andou buscando a Épafo por todo o mundo ata que o puido encontralo en Siria, aleitoada pola esposa do rei de Biblos, Melcandro. Unha vez que o recuperou, os dous regresaron a Exipto, onde Ío casou co rei Telégono e, cando este morreu, Épafo se converteu en rei de Exipto E Ío pasou a ser considerada como a deusa Isis.. Despois, Épafo casou con Menfis Pseudo-Apolodoro II, 1, 3. Outras fontes din que casou con Casiopea (Hixino: Fábulas 149)., filla do deus-río Nilo, e no seu honor fundou unha cidade á que nomeou Menfis e que, co andar do tempo, converteríase na capital do reino. Con Menfis tivo tres fillas: Libia, Lisianasa e Tebe; outras fontes din que a filla de Épafo con Menfis era Lisianasa e que foi con esta coa que Épafo tivo a Libia. Desta Libia vénlle o nome ó país de Libia, lindeiro con Exipto Hixino: Fábulas 149..
Poseidón seduciu a Libia e tiveron dous fillos: Ágenor e Belo Hixino di que Belo foi o primeiro en loitar cunha espada, e que por iso 'guerra' se di bellum (Hixino, 274, 22)..
Hera non podía ver ó fillo bastardo do seu home como rei de Exipto, así que fixo que morrese no trascurso dunha cacería.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Descendentes de Zeus