Charmander (/ˈtʃɑːrmændər/), coñecido como no Xapón, é unha especie de Pokémon da franquía de Nintendo e Game Freak, o número 4 da enciclopedia electrónica ficticia chamada PokéDex. Deseñado por Atsuko Nishida, Charmander debutou en Pokémon Red e Blue como un dos Pokémon iniciais. Dende entón, reapareceu nas seguintes edicións dos xogos, en xogos spin-off, na mercadotecnia, nas adaptacións animadas e nos materiais impresos da franquía.
Charmander pode evolucionar en Charmeleon cando acada o nivel 16, e pode converterse en Charizard no nivel 36. Charizard tamén pode evolucionar en dous tipos diferentes de Mega Charizard, que son Mega Charizard X e Mega Charizard Y, mais esta función só se engadiu nos xogos de Pokémon en Pokémon X e Y.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de pokémons Ligazóns externas Charmander en Pokemon.com
Categoría:Especies de Pokémon