Os filarioideos (Filarioidea), segundo as clasificacións tradicionais, son unha superfamilia de nematodos da clase dos secernénteos e orde dos espirúridos.Filaroidea no ITIS. Consultado o 22 de febreiro de 2021.

Taxonomía Descrición A superfamilia foi descrita por primeira vez en 1858 por Weinland, e, no sentido da moderna clasificación do WoRMS, en 1959 por Chabaud & Anderson.

Familias Tradicionalmente considerábanse dentro desta superfamilia, as familias seguintes: Aproctidae Creagrocercidae Drilonematidae Filariidae Homungellidae Mesidionematidae Scolecophilidae Setariidae Ungellidae

Porén, o WoRMS, só considera dúas:Filarioidea Chabaud & Anderson, 1959 no WoRMS. Consultado o 22 de febreiro de 2021. Filariidae (Véxase Filaria no WoRMS) Onchocercidae

Nota taxonómica O WoRMS considera Spirurida como a orde dos espiruromorfos (Spiruromorpha) De Ley & Blaxter, 2002, da sublcase dos cromadorios (Chromadoria),Spirurida Chitwood, 1933 no WoRMS. Consultada o 22 de febreiro de 2021. de aí as direfenzas na taxonomía indicadas.

Filaroideos parasitos miniatura|230px|Wuchereria bancrofti Existen varias enfermidades do home e de animais vertebrados causadas pola infestación por filarias, denominadas filarioses.filariose no Dicionario da RAG. As filarioses maniféstanse, segundo as especies, principalmente no sistema linfático ou no tecido conxuntivo superficial e profundo. As filarioses diferéncianse segundo os diferentes ciclos de vida das filarias e os síntomas asociados á enfermidade. As formas linfáticas, provocadas por especies que viven no sistema linfático, considéranse filarioses no sentido estrito da palabra. Son causadas principalmente polas filarias Wuchereria bancrofti, Brugia malayi e B. timori.

Outra filariose nos humanos é a loíase (tamén chamada filariose loa loa e edema de Calabar), provocada pola infestación de Loa loa, propia da selva tropical da África central e occidental,Gerald D. Schmidt & Larry S. Roberts (2009): Foundations of Parasitology. 8th ed. New York, NY: McGraw Hill. ISBN 978-0-0730-2827-9. A diferenza da filariose linfática, a súa presenza no tecido celular subcutáneo nos humanos débese a que as filarias migran cara este tecido (filariose errante), ou cara a debaixo da conxuntiva do ollo. Se Loa loa se encontra no ollo, denomínase vulgarmente "verme do ollo", e pode ocasionar cegueira.Filarioidea Weinland, 1858 no GBIF. Consultado o 22 de febreiro de 2021

Este parasito transmítese de persoa infestada a persoa sá a través das femias das moscas coñecidas como tabáns, do xénero Chrysops.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 15, 117 e 301. Spratt, D. M. (2011): "New records of filarioid nematodes (Nematoda: Filarioidea) parasitic in Australasian monotremes, marsupials and murids, with descriptions of nine new species". Zootaxa 2860: 1–61.

Outros artigos Espirúridos Loa loa''

Categoría:Nematodos