Pokémon Emerald Version (en ; Poketto Monsutā Emerarudo) é un videoxogo de rol de 2004 desenvolvido por Game Freak e publicado por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Game Boy Advance. Lanzouse orixinalmente no Xapón en 2004, e posteriormente distribuíuse internacionalmente no ano 2005. É unha versión mellorada de Pokémon Ruby e Sapphire e é o derradeiro xogo da terceira xeración da serie de videoxogos de Pokémon.

O modo de xogo e controis permaneceron sen cambios en relación cos xogos anteriores da serie; o xogador controla un adestrador Pokémon dende unha perspectiva aérea. Ó igual que en Ruby e Sapphire, o obxectivo principal do xogador é explorar a rexión de Hoenn e derrotar os oito líderes dos ximnasios Pokémon para poder retar os Elite Four e o seu campión. A subtrama principal é derrotar dúas organizacións criminais que intentan aproveitar o poder duns Pokémon lendarios para os seus propios obxectivos. Ademais dos Pokémon que debutaron en Ruby e Sapphire, o xogo incorpora Pokémon de Pokémon Gold e Silver que non aparecían en Ruby e Sapphire.

A acollida de Emerald foi polo xeral positiva por parte da crítica, e vendéronse 7,06 millóns de copias.¿Cuál es el juego de Pokémon más vendido de la historia? Esto es lo que revela el informe financiero de Nintendo. Pokemaster.es.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas (USA)

Categoría:Videoxogos de 2004 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos con banda sonora de Junichi Masuda Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Game Freak Categoría:Videoxogos de Game Boy Advance Categoría:Videoxogos exclusivos de Game Boy Advance