Busiris era, na mitoloxía grega, un rei de Exipto, fillo de Poseidón e Lisianasa, filla de Épafo Outras fontes din que a nai foi Anipe, filla do deus fluvial Nilo (Graves, px. 255). Hixino dá unha relación dos fillos de Neptuno (Poseidón na mitoloxía romana) e cita a "Ámico, de Melia, filla de Busiris" (Hixino: Fábulas 157, 4).. Foi famoso pola súa crueldade e ó final matouno Heracles.

O seu nome non aparece en ningunha das relacións de faraóns exipcios, e ben pode ser unha deformación do nome do deus Osiris. Grimal di que nomeado rei por Osiris, cando este marchou á súa viaxe ó redor da Terra.

Busiris foi descrito como un rei tiránico e cruel, que mantiña subxugado o país. Un exipcio chamado Proteo houbo de abandonar o país e estableceuse en Palene A península máis occidental da Calcídica.. Chegou a organizar unha expedición para secuestrar ás Hespérides, entre tres e sete, segundo as fontes, fermosas deidades que gardaban as mazás de ouro da deusa Hera, o que provocou a ira dos deuses.

En consecuencia, o país viuse sometido a unha serie de anos de malas colleitas. O adiviño Frasio (ou Trasio), sobriño de Exipto, procedente de Chipre, aconsellou a Busiris que para recuperar a prosperidade debía sacrificar a Zeus tódolos anos un estranxeiro que entrara no país, e o rei comezou por sacrificar ó propio Frasio.

miniatura|esquerda|Heracles mata a Busiris (escultura en Viena)

Heracles pasou por Exipto cando ía en busca do Xardín das Hespérides, pois un dos seus doce traballos consistía en levar ante Euristeo as mazás de ouro que crecían alí Outras fontes sitúan este episodio na viaxe de Heracles cara Eritía, onde debía roubar o gando do xigante Xerión (Graves, px. 540).. Busiris capturouno e levouno atado e coroado de flores ó altar dos sacrificios, pero Heracles conseguiu desatarse e matou a Busiris, ó seu fillo Anfidamante e a tódolos sacerdotes asistentes ó frustrado sacrificio.

Isócrates nega que Heracles e Busiris foran contemporáneos (Busiris 15) Nota do tradutor da Biblioteca mitológica de Pseudo-Apolodoro (nota 85, px. 127). Busiris é un discurso retórico que pode datarse entre 390 e 385 a.C..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega