Serhiy Viktorovych Zhadan (ucraíno: Сергі́й Ві́кторович Жада́н), nado en Starobilsk no óblast de Lugansk.o 23 de agosto de 1974, é un poeta, novelista, ensaísta e tradutor ucraíno.
Traxectoria Graduouse na Universidade de Khárkiv en 1996 e pasou tres anos como estudante graduado de filoloxía. Deu clases de literatura ucraína e mundial desde 2000 até 2007, cando se retirou do ensino. Vive e traballa en Khárkiv.
Zhadan traduciu poesía do alemán, do inglés, do bielorruso, e do ruso; e de poetas como Paul Celan e Charles Bukowski. As súas propias obras foron traducidas a moitas linguas como o alemán, o inglés, o polaco, o serbio, o croata, o lituano, o bielorruso, o ruso e o armenio.
En marzo de 2008 a tradución rusa da súa novela Anarchy in the UKR chegou como finalista do premio «Superventas nacional» e foi candidata para «libro do ano» na Exposición internacional de libros en Moscova.
Crítica A prosa de Zhadan é tan poética, o seu verso libre tan prosaico. É difícil asignarlle un xénero á súa obra: memorias, diario de viaxe, meditación oportuna ou intempestiva - ou unha mestura de todo isto centrada nos temas de «a miña xeración» e «a nosa época».Rostislav Mel'nikov, Yuriy Tsaplin. Ростислав Мельников, Юрий Цаплин. Noreste del sudoeste: La literatura contemporánea de Járkov, La revista literaria nueva, 2007, Nº 85.Non se poden resumir as improvisacións picantes, quentes e feroces de Sergei Zhadan - isto é jazz verbal. Cando o les, temes pola literatura rusa contemporánea: entre todos os que escriben agora no idioma ruso, non hai ningún que tan infernalmente libre (e libre sobre todo da prosa «do escritor», da tendencia a «producir unha impresión»).Kirill Ankudinov, Aventuras en abril, VZGLYAD.RU, 5.06.2008.
Obras
Poesía
Генерал Юда, (El general Yudas) 1995. Пепсі, (Pepsi) 1998. Вибрані поезії, (Os mellores poemas, historias psicodélicas de peleas e outras tonterías: poemas seleccionados, 1992-2000) 2000. Балади про війну і відбудову, (Baladas da guerra e reconstrución), 2000. Історія культури початку століття, (A historia da cultura a principios do século), 2003. Марадона, (Maradona ), 2007. Ефіопія, (Etiopía), 2009. Лілі Марлен, (Lili Marleen) 2009. Вогнепальні й ножові, (Feridas de bala e cortadas), 2012.
Prosa
Біґ Мак, (Big Mac, colección de historias curtas), 2003. Депеш Мод, (Depeche Mode), 2004. Anarchy in the UKR, 2005. Гімн демократичної молоді, (Himno da xuventude democrática), 2006. Ворошиловград, (Voroshylovgrad), (2010) Месопотамія, (Mesopotamia), (2014)
Compilacións
Капітал, (Capital), 2006 - inclúe todo menos A historia da cultura a principios do século, Big Mac e Maradona.
Poesía antoloxiada
Станислав+2, (Stanislav+2), 2001. Время `Ч`. Стихи о Чечне и не только, (Tempo de "Ch" - Versos sobre Chechenia e non só), 2001. Мы умрем не в Париже, (Non morreremos en París), 2002. История культуры, (A historia da cultura), 2004. НеИзвестная Украина, (A Ucreína descoñecida), 2005.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Serhiy Zhadan: un encuentro en la encrucijada de literato y activista A poesía de Serhiy Zhadan Perfil en Vavilon.ru Entrada en Speaking in Tongues Entrada en Literatura de la Net Versos traducido por A. Pustogarova Zhidan lendo un poema en Donetsk Zhidan lendo «Lukoil» en Polonia Traducións por Yelena Fanáilova
Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores de Ucraína Categoría:Poetas de Ucraína Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados na rexión de Luhansk