Władysław Horodecki, nome completo Leszek Władysław Dezydery Horodecki (), nado en Sholudky, Podillia (Imperio Ruso) o 4 de xuño de 1863 e finado en Teherán, Irán o 3 de xaneiro de 1930, foi un arquitecto polaco, máis coñecido polos seus edificios de estilo Art Nouveau en Kíiv e Imperio ruso, como a Casa con Quimeras, a Catedral Católica de San Nicolao en Kíiv e o Museo Nacional de Arte de Ucraína.
Traxectoria Horodecki naceu no seo dunha familia nobre szlachta polaca da rexión de Podillia (a actual Nemyrivskyi Raion, no Óblast de Vinnytsia en Ucraína). Graduouse na Academia Imperial de Artes de San Petersburgo en 1890, trasladándose despois a Kíiv onde viviu case trinta anos. En 1920 emigrou a Varsovia, trasladándose finalmente a Teherán, onde morreu en 1930.
Unha das rúas de Kíiv, deseñada por Horodecki, (entre a praza central de Kíiv chamada Maidan Nezalezhnosti e a Casa con quimeras) foi rebautizada na súa honra en 1996. Historicamente a rúa chamábase Mykolaivska e durante a era soviética coñecíase como rúa Karl Marx.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ensaio sobre o traballo de Horodecki
Categoría:Personalidades de Polonia Categoría:Arquitectos do Modernismo Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1930