A igrexa de Finlayson (en finés Finlaysonin kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no barrio de Finlayson, na área da antiga factoría de Finlayson, no centro da cidade. O edificio de ladrillo foi construído en 1879 en estilo neogótico e deseñado por F. L. Calonius.

Historia miniatura|Interior da igrexa. A compañía Finlayson naceu en Tampere en 1820. Dende esa década, a construción da factoría involucrou tamén a construción doutros edificios de carácter social como un orfanato, unha escola, un hospital, unha caixa de aforros e a súa propia igrexa. O encargado da súa construción foi o daquela arquitecto municipal de Tampere F. L. Calonius. A construción do edificio tivo lugar entre os anos 1878 e 1879.

En 1979 foi renovada con motivo do seu centenario.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información sobre a igrexa de Finlayson Visita virtual á igrexa en VirtualTampere.com

Finlayson