Boris Andreïevitch Mikhaïlov, en idioma ruso Борис Андреевич Михайлов, nado en Khárkiv o 25 de agosto de 1938, é un fotógrafo ucraíno.
Traxectoria Estudou enxeñaría polo que comezou exercendo de enxeñeiro, con todo, interesouse pola fotografía aprendéndoa dun modo autodidacta e con 28 anos realizou as súas primeiras fotos, dedicándose a producir fotografías. Tivo que abandonar o seu traballo de enxeñeiro ao considerar a KGB como pornografía unhas fotografías que realizara da súa muller espida, por tanto desde finais da década dos sesenta dedicouse de modo exclusivo á fotografía.
A súa obra atópase próxima a unha fotografía conceptual oposta ao realismo socialista que existía na Unión Soviética; nas súas series empregou escenificacións, fotografías coloreadas ou imaxes antigas cun tratamento novo. Entre 1968 e 1975 realizou unha serie fotográfica coñecida como a "Serie Vermella" na que utilizaba de modo predominante a cor vermella ao fotografar ás persoas e a vida na cidade de Khárkiv. Entre 1971 e 1985 realizou unha serie chamada Luriki que eran retratos de persoas coloreados a man na súa maior parte. En 1980 fixo unha serie titulada Salt Lake na que recollía fotografías de persoas bañándose nunha zona de verteduras industriais, realizada en branco e negro con algunhas viradas ao sepia. En 1982 a serie Viscidity que eran fotos en branco e negro que incorporaban textos. En 1993 a serie At Dusk evoca a evacuación durante a Segunda guerra mundial aínda que recolle a vida das persoas humildes en Ucraína a finais do século XX; as fotografías están realizadas cunha viraxe en azul. En 1999 a serie Case History trata sobre a vida das persoas sen fogar.
En 1997 recibiu o Premio Albert Renger-Patzsch e no ano 2000 o Premio internacional da Fundación Hasselblad, ao ano seguinte o Premio Citibank e o Premio Krazna Krausz ao mellor libro.
Publicacións If I were a German. Dresden: Verlag der Kunst Dresden, 1995. Boris Mikhailov. Stuttgart: Oktagon, 1995. . By the Ground. Stuttgart: Oktagon, 1996. . At DUSK. Stuttgart: Oktagon, 1996. . Unfinished Dissertation. Zúric: Scalo, 1998. . Cun ensaio de Margarita Tupitsyn. Case History. Zúric: Scalo, 1999. . Boris Mikhailov: The Hasselblad Award 2000. Zúric: Scalo, 2001. . Äußere Ruhe / Äussere Ruhe (Drucksache N.F. 4). Düsseldorf: Richter, 2000. . Fotografías e texto ruso. Inclúe unha tradución ao alemán das notas da fotografía, unha entrevista co artista (en alemán) de Marina Achenbach e biografías (en alemán). Edición de 1000 exemplares. Boris Mikhailov. Phaidon 55 series. Londres : Phaidon, 2000. Salt Lake. 2002 Boris Mikhailov: A Retrospective. Zúric: Scalo, 2003. . Eine Retrospektive. Look at Me I Look at Water . . . or Perversion of Repose, Göttingen: Steidl, 2004. . Crimean Snobbism. Tokio: Rathole, 2006. Suzi Et Cetera. Colonia: Walther König, 2007. . Yesterday's Sandwich. Londres: Phaidon, 2009. . Maquette Braunschweig. 2010. The Wedding. Londres: Mörel Books, 2011. .Páxina sobre The Wedding , Mörel Books. Tea Coffee Cappuccino. Colonia: Walther König, 2011. . Time is out of Joint. Berlín: Distanz, 2012. . I Am Not. Londres: Morel, 2015. . Cun texto de Simon Baker. Edición de 500 exemplares. Suzi et Cetera (Part 2). 89 Books, 2019. Yesterday's Sandwich II. Tokio: Super Labo, 2019.
Exposicións Exposicións individuais 2001: Saatchi Gallery, Londres. 2001: Case History & Heiner Müller Project, Haus der Kulturen der Welt, Berlín. 2002: The Insulted and the Injured, Pace/MacGill Gallery, Nova York. 2003: Private Freuden, lastende Langweile, öffentlicher Zerfall - eine Retrospective, Fotomuseum Winterthur, Winterthur, Suíza. 2004: Institute of Contemporary Art, Boston, MA. 2004: Palau de la Virreina, Barcelona. 2005: Look at me I look at Water, Centre de la Photographie, Xénova. 2011:"Case History ", Museum Of Modern Art, Nova York.Behold the Anonymous Downtrodden 2019: The Forbidden Image, PinchukArtCentre, Kíiv.The Forbidden Image. Solo exhibition by Boris Mikhailov 2019: The Space between Us, Kunsthalle Baden Baden, Alemaña.
Exposicións colectivas 2009: Ça me touche, Rencontres d'Arles festival, Arles, Francia. Comisariado por Nan Goldin. 2012: Revolution vs Revolution, Beirut Art Center, Beirut, Líbano.
Recoñecementos 1997: Albert Renger-Patzsch Buchpreis. 1996: Premio da Fundación de Arte Contemporánea Coutts, Suíza. 2000: Premio Internacional de Fotografía da Fundación Hasselblad, Suecia.Previous award winners , Hasselblad Foundation. 2001: Premio de fotografía Citigroup (máis tarde rebautizado como Premio de fotografía Deutsche Börse), The Photographers' Gallery, Londres. 2001: Premio Photo Book da Fundación Krazna-Krausz, Londres (Premio Kraszna-Krausz Book).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Escola de Fotografía de Khárkiv Ligazóns externas Biografía (en inglés) Exposicións
Categoría:Fotógrafos de Ucraína Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Khárkiv