En botánica denomínase cistocarpo a estrutura frutífera producida nas rodófitas despois da fecundación. miniatura|Julius von Sachs, o introdutor do termo Etimoloxía O termo cistocarpo está formado pola unión dos elementos cisto- e -carpo, ambos os dous tirados das voces do grego antigo κύστις kýstis "bolsa", "vexiga", e καρπός karpós, "froito", unidos cun -o- epentético.

Historia Este neoloxismo foi empregado por primeira vez en 1875, en alemán, polo botánico Julius von Sachs (1832-1897).

Estrutura e función O cistocarpo está formado por filamentos, especialmente cando dita estrutura ten unha envoltura protectora especial, no que se liberan as carpósporas (esporas do cistocarpo), esporas diploides das algas vermellas.carpospora no Dicciomed.

O nome cistocarpo aplícase menos frecuentemente cando o gonimoblasto, conxunto de filamentos que se orixinan no procarpo fecundado e que producen carpósporas, é dicir, cando non hai unha envoltura protectora.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3. Maggs, C. A. & Hommersand, M. H. (1993): Seaweeds of the British Isles. Volume 1 Rhodophyta. Part 3A Ceramiales. Londres: The Natural History Museum. ISBN 0-1131-0045-0.

Categoría:Algas vermellas Categoría:Termos botánicos