Costanza de Castro e Osorio, nada en Viveiro c. 1430 e finada na mesma localidade en 1489, foi unha nobre e relixiosa galega. Coñecida como beata polo pobo, comezou o proceso de beatificación.

Traxectoria miniatura|Igrexa de San Francisco Costanza era señora dos coutos de Silán e Codesido. Casara con Roi Díaz de Andrade,Genealogía Bermúdez de Castro señor de San Pantaión das Viñas, que faleceu na guerra de Granada.Anales De La Real Academia Matritense De Heráldica y Genealogía IX (2005-2006), páx. 139 Antes de morrer, Roi enviou á súa esposa unha carta escrita en galego, como despedida e testamento, xa que lle dixo que se morría na batalla, ela e o seu fillo Héctor eran herdeiros dos seus bens e ela debería administralos; a carta ten data do 13 de agosto de 1450.

Costanza permaneceu viúva durante corenta anos. Era unha terciaria franciscana dedicada á oración e á caridade, e atribuíronlle milagres. Morreu en estado de santidade e foi enterrada no convento de San Francisco de Viveiro.Viveiro es, también, franciscano

Veneración O seu corpo foi atopado incorrupto cando se trasladou a tumba en 1611; realizado o milagre, comezou o proceso de beatificación, que foi interrompido. A pesar diso, é coñecida popularmente como a beata e aparece así nalgúns santorais, como o martiroloxio da Orde de San Francisco, que lle asigna a data de celebración do 14 de xuño e establece arbitrariamente a data da morte en 1286. A Igrexa concedeulle o título de venerable.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Benigno Orjales Pita. "Los Díaz de Andrade o Díaz de Santa Marta, principales de la casa de Andrade", CátedrA: revista de estudios eumenses

Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados en 1489 Categoría:Venerados pola Igrexa católica Categoría:Casa de Andrade Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nobres de Galicia do século XV